Cidade Prohibida

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Palacios Imperiais das Dinastías Ming e Qing en Pequín e Shenyang
Galería da Suprema Harmonía, un dos pavillóns da Cidade Prohibida
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
PaísChina
Localización39.54.56 N, 116.23.27 E
Criteriosi, ii, iii, iv
Inscrición1987
Identificador439

A Cidade Prohibida (紫禁城, pinyin: Zǐjìn Chéng : "Cidade Púrpura Prohibida"), está localizada no centro exacto da antiga Pequín, foi o palacio imperial durante as dinastías Ming e Qing, así como sede do goberno chinés até 1911.

O seu nome orixinal Cidade Púrpura Prohibida, procede do seu paralelismo coa Constelación Luminosa Púrpura na que a Estrela Polar, ó igual có emperador na terra, atópase no centro. A súa construción débese ó traslado de capitalidade de Nanjing a Pequín que decidiu o emperador Yongle cando obtivo o trono imperial en 1404.

Actualmente se coñece como o Museo Palacio (故宫博物院, pinyin: Gùgōng Bówùyùan), ocupa 0,72 km², 800 edificios e máis de 9.000 habitacións. É a maior colección de estruturas de madeira antigas que se conservan no mundo, e foi declarada pola UNESCO Patrimonio da Humanidade en 1987. O Palacio Imperial está situado ó norte da Praza Tian'anmen e pódese acceder a el a través da Porta de Tian'anmen. Está rodeado dun barrio denominado Cidade Imperial.

A pesar de que xa non está ocupada pola realeza, é un símbolo da soberanía chinesa e de Pequín, e aparece nos selos da República Popular Chinesa. O Palacio é unha das meirandes atraccións turísticas do mundo.

O filme O derradeiro emperador foi o primeiro en recibir autorización do goberno chinés para filmar na Cidade Prohibida e retrata, entre outras cousas, a cerimonia de nomeamento do Emperador e a vida na Cidade Prohibida.

Nome[editar | editar a fonte]

O Portón da Grandeza Divina, ou portón Norte. Na táboa baixa pódese ler en chinés: 故宫博物院 "O Palacio Museo"

O nome común en galego: "a Cidade Prohibida", é a tradución do nome chinés Zijin Cheng (紫禁城), literalmente "Cidade Prohibida Púrpura". Outro nome galego de orixe semellante é "Palacio Proibido[1]. Na lingua manchú é chamado Dabkūri dorgi hoton, que significa literalmente "Cidade Interior en Estratos".

Na actualidade, o lugar é máis coñecido como Gugong (en chinés: 故宫), o que significa "Antigo Palacio"[2]. O museo que se atopa nestes edificios é coñecido como "Palacio Museo" (en chinés: 故宫博物院; en pinyin: Gùgōng Bówùyùan).

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ver, por exemplo, Gan, Guo-hui (Abril, 1990). "Perspectiva do uso urbano da terra en Pequín". GeoJournal 20 (4): 359–364. 
  2. "Gugong", dun xeito xenérico, tamén se refire a todos os antigos palacios, sendo outro dos exemplos prominentes o Palacio Mukden, en Shenyang.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]