Punto cardinal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Puntos cardinais

Os puntos cardinais son as catro direccións derivadas do movemento de rotación terrestre que conforman un sistema de referencia cartesiano para representar a orientación nun mapa ou na propia superficie terrestre. Estes puntos cardinais son: o Leste, que vén sinalado polo lugar aproximado onde sae o sol cada día; o Oeste, o punto indicado polo ocaso do sol no seu movemento aparente, e se á liña Este-Oeste a consideramos como o eixo das abscisas nun sistema de coordenadas xeográficas, o eixo das coordenadas estaría descrito por liña Norte-Sur. Esta composición xera catro ángulos de noventa graos que á súa vez se dividen polas bisectrices, xerando Noroeste, Suroeste, Nordés e Sueste. Repítese a mesma operación e obtense a Rosa dos ventos que é usada en navegación desde séculos ancestrais e cobre as 32 direccións principais do movemento na superficie terrestre.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

A palabra cardinal derívase do nome latino «cardo», que identificaba, nas cidades romanas, á rúa trazada de Norte a Sur e que pasaba polo centro da cidade. Isto significa que o único punto verdadeiramente cardinal, polo menos desde o punto de vista etimolóxico, debería ser o Norte e en menor grao, o Sur. Por iso úsase a expresión «dunha importancia cardinal» cando se quere resaltar esa importancia. Dos puntos cardinais, é o Norte o que identifica a dirección da orientación polo que adoita dicirse en sentido figurado que unha persoa perdeu o seu norte cando se atopa desorientada ou perdeu o seu rumbo. Con todo, esta idea resulta case paradoxal, no sentido de que para orientarse, as persoas situamos primeiro o Leste ou o Oeste ou o Sur no hemisferio norte en horas do mediodía, mentres que o Norte non resulta tan evidente (salvo no hemisferio sur tamén en horas do mediodía). De feito, o Leste tamén recibe o nome de Oriente porque a saída do sol polo Leste serviu tradicionalmente para orientarnos nun lugar determinado.

Coñécense tamén os puntos cardinais como as catro direccións ou puntos principais da compás, que son:

Os nomes dos puntos cardinais son de orixe xermánico (Nordri = Norte, Sudri = Sur, Austri = Leste e Vestri = Oeste; na Mitoloxía escandinava) e incorporáronse nunha época relativamente recente á lingua galega e ao resto das linguas derivadas do latín. Antes, os nomes dos puntos cardinais eran, en galego:

O termo Mediodía tamén se refire á rexión meridional dun país no Hemisferio Norte, especialmente en Italia (Mezzogiorno) e en Francia (Midi), precisamente porque estas rexións sitúanse cara ao lado onde se atopa o sol ao mediodía con relación ao resto do país.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]