Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mark Zuckerberg, creador de Facebook.
Facebook é unha rede social de internet fundada o 4 de febreiro de 2004 por Mark Zuckerberg, estudante na Universidade Harvard.
Índice |
[editar] Características
Nun primeiro momento o acceso estaba limitado aos propios alumnos da universidade pero progresivamente ampliouse a alumnos doutras universidades da Ivy League e posteriormente a calquera estudante universitario, dos institutos e na actualidade calquera persoa maior de 13 anos cunha conta de correo electrónico pode rexistrarse.
A mediados de 2007 publicáronse as versións en francés, alemán e castelán para impulsa-la súa expansión fóra de Estados Unidos. Posteriormente traducíuse a outras linguas, como o galego. En xullo de 2010, Facebook contaba con 500 millóns de membros, e traducións a 70 idiomas.[1]
[editar] Notas
- ↑ Facebook LA RAZÓN.com - Facebook llegó a los 500. Consultado o 14 de outubro de 2010. (en inglés)