UNESCO

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Unesco")
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Bandeira da UNESCO

A Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura, UNESCO fundouse o 4 de novembro de 1946 co obxectivo de contribuir á paz e á seguridade no mundo mediante a educación, a ciencia, a cultura e as comunicacións.

Índice

Historia e características [editar]

Adícase, entre outras tarefas, a orientar ós pobos nunha xestión máis eficaz do seu propio desenrrolo a través dos recursos naturais e os valores culturais, coa finalidade de obter o maior proveito posible da modernización, sen que por iso perdan a identidade e a diversidade culturais.

Na educación, este organismo asigna prioridade ó logro da educación elemental adaptada ás necesidades actuais. Colabora coa formación de docentes, planificadores e vivenda, administradores educacionais e alenta a construción de escolas e a dotación do equipo necesario para o seu funcionamento.

As actividades culturais buscan a salvagarda do patrimonio cultural mediante o estímulo da creación, a creatividade e a preservación das entidades culturais e tradicións orais, así como a promoción dos libros e da lectura.

En materia de información, a UNESCO promociona a libre circulación de ideas por medios audiovisuais, fomenta a liberdade de prensa e a independencia, o pluralismo e a diversidade dos medios de información, a través do Programa Internacional para a Promoción da Comunicación.

Ten sede en París, Francia.

Directores Xerais da UNESCO [editar]

Nome Nacionalidade Período
1. Julian Huxley Flag of the United Kingdom.svg Reino Unido 19461948
2. Jaime Torres Bodet Flag of Mexico.svg México 19481952
3. John Wilkinson Taylor Flag of the United States.svg Estados Unidos 19521953
4. Luther Evans Flag of the United States.svg Estados Unidos 19531958
5. Vittorino Veronese Flag of Italy.svg Italia 19581961
6. René Maheu Flag of France.svg Francia 19611974
7. Amadou-Mahtar M'Bow Flag of Senegal.svg Senegal 19741987
8. Federico Mayor Zaragoza Flag of Spain.svg España 19871999
9. Koichiro Matsuura Flag of Japan.svg Xapón 19992009
10. Irina Bokova Flag of Bulgaria.svg Bulgaria 2009-actualidade

Críticas á UNESCO [editar]

A Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura foi fortemente criticada ó longo da súa historia. Os críticos a acusan de tomar posicións contrarias á liberdade de prensa e de mercados, en particular pola iniciativa New World Information and Communication Order que recoñecía o dereito dos estados a censura-la prensa. En 1984 os Estados Unidos abandonaron a organización en protesta.

Así, mesmo no período dos anos 1970 e 1980, a organización recibiu repetidas acusacións de malgasto e corrupción.

Posteriormente, baixo a dirección de Federico Mayor Zaragoza e Koichiro Matsuura a UNESCO foi recuperando progresivamente a súa credibilidade, culminando coa reincorporación dos Estados Unidos no 2002.

Véxase tamén [editar]

Outros artigos [editar]

Ligazóns externas [editar]