Banco Africano de Desenvolvemento

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
En verde países beneficiarios do BAD, en azul beneficiarios do FAD, en azul claro dos dous, en vermello membros non africanos

O Banco Africano de Desenvolvemento é unha institucional financeira multilateral fundada para contribuír ao desenvolvemento económico e ao progreso social dos países africanos, creouse en 1964 e comezou a operar o 1 de xullo de 1966, abrangue tamén o Fondo Africano de Desenvolvemento e o Fondo Especial de Nixeria. A súa sede oficialmente está en Abidjan pero a raíz da guerra civil en Costa de Marfil trasladouse temporalmente en setembro de 2003 a Tunes. Desde 1982 admite membros non africanos, como doadores, pero cando menos 2/3 do capital ha ser africanos. En 2012 forman parte 53 países africanos e 24 non africanos e o presidente é Donald Kaberuka desde 2005.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]