Bután - འབྲུག་ཡུལ
Brug rGyal-Khab Dru Gäkhap Reino de Bután |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
O Reino de Bután é unha nación pequena e montañosa do sur de Asia, localizada na cordilleira do Himalaia entre India e China. O nome local do país, Druk Yul, significa "a terra do dragón de tronos", debido a que nas crenzas locais os tronos son o son de dragóns ruxintes.
Índice |
Orixe do nome [editar]
Bután pode derivar da palabra do idioma sánscrito Bhu-Uttan que significa 'Terra Altas'. Noutra teoría derivada tamén da escritura Sánscrita, Bhots-ant significa 'fin do Tibet' ou 'sur do Tibet'. Como sexa algúns butaneses chaman ao seu país Druk Yul ou Drukpa. Os dzongkha (e tibetanos) danlle ao seu país o nome de Druk Yul (Terra do Dragón). Pola serenidade e virxindade do país e os seus lugares turísticos, Bután actualmente é coñecido ás veces como: O último Shangri-La.
Historicamente, Bután foi coñecido por varios nomes, como Lho Mon (Escura Terra do Sur), Lho Tsendenjong (Terra Meridional do Sándalo), Lhomen Khazhi (Terra do Sur dos Catro Achegamentos) e Lho Men Jong (Terra do Sur das Menciñas Herbais).
Historia [editar]
Unha teocracia budista estableceuse en Bután no século XVII.
En 1865, Gran Bretaña e Bután asinaron o Tratado de Sinchulu, baixo o cal Bután recibiría un subsidio anual a cambio de ceder algo de fronteiras. Baixo a influencia británica, estableceuse unha monarquía en 1907; tres anos despois, asinouse un tratado onde os británicos acordaron non interferiren nos asuntos internos butaneses e Bután permitiu a Gran Bretaña dirixir os seus asuntos exteriores. Este rol foi asumido pola India independente logo de 1947. Dous anos despois, un acordo formal indo-butanés devolveu as áreas de Bután anexadas polos británicos, formalizou os subsidios anuais que recibira o país, e definiu as responsabilidades da India na defensa e relacións exteriores.
Goberno e política [editar]
O monarca Jigme Dorji Wangchuck foi elixido rei logo da Independencia da India; considéraselle o pai da Nación, debido aos seus plans de desenvolvemento. O seu sucesor Jigme Singye Wangchuck preocupouse durante o seu reinado pola cultura do reino e o coidado do ambiente. En 2004 prohibiu o fumar en todo o reino.
Jigme Singye Wangchuck foi coroado en xullo de 1972 e reinou ata o 15 de decembro de 2006 data da súa abdicación, entregando o trono ao seu fillo Jigme Khesar Namgyel Wangchuck. A noticia coñeceuse a través dun decreto escrito polo mesmo Monarca.
Organización político-administrativa [editar]
Bután está dividido en 20 distritos (dzongkhag, en singular e plural): distrito (antiga pronuncia)
|
|
|
Xeografía [editar]
Este pequeno país é case enteiramente montañoso, esténdese na vertente sur da cordilleira do Himalaya desde as máximas alturas na fronteira con China. O pico máis alto é o de Kula Kangri (7.554 m). Descende abruptamente ata a planicie de Duars, na fronteira sur coa India. Os ríos, ningún dos cales é navegable, son todos tributarios do río Brahmaputra.
O clima na zona sur é subtropical con grandes precipitacións; nos vales o clima é máis amornado aínda con calorosos veráns e fríos invernos e nas montañas teñen veráns frescos e invernos glaciares. As precipitacións diminúen coa altura e cara ao leste.
A parte da capital, Thimphu, outras cidades son Paro e Punakha, antiga capital invernal.
Economía [editar]
- Artigo principal: Economía de Bután.
A economía do país é principalmente agrícola. Os principais cultivos son o, arroz, trigo, millo, froitas e hortalizas. Nas zonas montañosas, os agricultores crían rabaños de gando vacún e yaks O goberno estableceu plans de desenvolvemento para impulsar a explotación sostible dos recursos do país, sobre todos os bosques e a minería. A industria limítase ao procesado de alimentos, a artesanía e o téxtil, todo para consumo interno. É importante a enerxía hidroeléctrica que é exportada á India. A principal fonte de divisas provén do turismo aínda que se atopa moi limitado.
A moeda do país é o ngultrum, que ten o mesmo valor que a rupia india.
Demografía [editar]
O censo é un asunto controvertido. Segundo o declarado actualmente polo goberno non superaba os 800.000 persoas en cambio estimábase máis de 2.000.000 de persoas con outros censos. A razón argumentada é o temor a que un país con escasa poboación non sería admitido na ONU. Doutra banda, hai queixas da poboación de orixe nepalí, xa que din que a diminución do censo é debido a que non ten en conta a gran parte da poboación desta orixe.
A poboación concéntrase sobre todo nos vales cultivables, nas zonas do sur, e nos vilas e cidades. Os pobos do país chamados na súa totalidade bhutaneses pertencen á cultura tibetana, sobre todo están aínda máis relacionados os poboadores do oeste, que son os hexemónicos chamados buthia. Os pobo do leste denomínanse Sharchops (orientais). Ambos os pobos practican o budismo tibetano pero no oeste séguese a escola Drukpa Kagyu que é a oficial e no leste a Nyingmapa. O resto da poboación trátase de orixinarios de Nepal, que son maioritariamente Hindú (cunha pequena minoría musulmá) que habitan as rexións baixas do Sur.
O idioma nacional é o Dzongkha. O goberno clasifica os 19 idiomas tibetanos relacionados como dialectos de Dzongkha. O Tshangla, intimamente relacionado con dzongkha é falado nas zonas orientais. O nepalí é falado no sur. O inglés tamén ten o rango de lingua oficial.
Cultura [editar]
Bután é un dos países máis illados do mundo; hai moitas rexións do país nas que está restrinxido o turismo para manter intacta a cultura local. En contraste Bután é un destino só para viaxes organizadas, o goberno trata de limitar a entrada só a turistas que estean dispostos a gastar máis de 100 dólares ao día. Bhutan posúe unha arquitectura típica propia que están representadas polas súas fortalezas chamadas Dzong. A taxa de alfabetismo é tan só do 42,4 %.
Case todas as festas, ao seren de tradición budista ou hindú fíxanse polo calendario lunar ou co solar, polo que non teñen correspondencia exacta co calendario occidental.
| Festas | |||
| Data | Nome en galego | Nome local | Notas |
|---|---|---|---|
| 1 de xaneiro | Día de ano novo | New Year´s Day | O primeiro luns non festivo adóitase celebrar |
| Varía cada ano | Solsticio de inverno | Nyinlog | |
| Varía cada ano | Encontro dos nove diaños | Meeting of Nine Evils | |
| Varía cada ano | Novo Ano chinés | Têt | Festa budista (Vajrayana) |
| Varía cada ano | Día das ofrendas | Offerings Day | |
| Varía cada ano | Ano novo budista | Male Fire Dog New year | Budista-hindú |
| 2 de maio | Aniversario do terceiro rei | Third King´s Birthday | |
| Varía cada ano | Shabdrung Kuchoe | Shabdrung Kuchoe | Conmemora o nacemento de Bhuda |
| Varía cada ano, lúa chea do sexto mes | Vesak-Buda purmima | Vesak-Buda purmima | Budista theravada |
| 2 de xuñoJigme Singye Wangchuck reinou ata o 15 de decembro de 2006 data da súa abdicación no seu fillo Jigme Khesar Namgyel Wangchuc esta celebración está suxeita a cambio | Festa do coroamento | Coronation Day | |
| 6 de xullo | Aniversario do gurú Rinpoche | Anniversary of Guru Rinpoch | |
| Varía cada ano | Primeiro sermón de buda | First Sermon of Lord Buddha | Festa Budista-Hindú |
| 4 de agosto | Aniversario da morte do terceiro rei | Third´s King Death Anniversary | |
| 3 días | Vijaya Dashami (Dasera) | Vijaya Dashami (Dasera) | Festa budista-hindú |
| 13 de novembroJigme Singye Wangchuck reinou ata o 15 de decembro de 2006 data da súa abdicación na o seu fillo Jigme Khesar Namgyel Wangchuc esta celebración está suxeita a cambio | Aniversario da súa maxestade o rei | HM Jigme Singye Wangchuck´s Birthday | Conmemora o nacemento do rei Jigme Singye Wangchuck. |
| 17 de decembro | Día nacional | National Day of Bhutan | Celebra o ascenso ao trono do primeiro rei de Bután en 1907 |
Mapas e imaxes [editar]
Commons ten imaxes sobre Bután
Notas [editar]
|
||||||||