Karakorum

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cordilleira do Karakorum.
Situación dos principais picos do Karakorum.

A cordilleira do Karakorum (do turco: "pedregal negro") é, co Himalaia, unha das grandes cordilleiras de Asia, situada na fronteira entre Paquistán, a India e China. Ten unha lonxitude duns 500 km e é a rexión do mundo con máis glaciares fora das rexións polares.

Pola súa altitude e dureza, o Karakorum está moito menos habitado que a cordilleira do Himalaia. Os exploradores europeos chegaron por vez primeira a comezos do século XIX e foron seguidos polos topógrafos británicos en 1856.

O Paso Muztagh foi cruzado en 1887 por unha expedición encabezada polo coronel Francis Younghusband, e os vales situados sobre o río Hunza foron explorados en 1892 polo xeneral Sir George K. Cockerill. As exploracións que se realizaron nas décadas de 1910 e 1920 serviron para coñecer gran parte da xeografía da rexión.

O Karakorum e o Himalaia son importantes para as investigacións sobre a Terra por diversas razóns. Son unhas das zonas do mundo cunha maior actividade xeolóxica, pois están situadas na zona na que baten dous continentes, Asia e o subcontinente indio. Ademais son importantes para o estudo das placas tectónicas. Os glaciares da montañas serven como indicadores do cambio climático.

Picos máis altos[editar | editar a fonte]

Entre os picos máis altos do Karakorum, atópanse:

Galería[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Karakorum

Coordenadas: 36°N 76°E / 36°N 76°E / 36; 76