Potala

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Palacio de Potala.

O Palacio de Potala é a máxima expresión da arquitectura tibetana e residencia dos Dalai Lama desde que Lozang Gyatso o fundara no século VII (ano 631) en Lhasa, a capital do Tíbet, actualmente ocupado por China, país que o converteu en museo tras derribar os edificios administrativos que se encontraban no seu basamento co fin de instalar no seu lugar unha praza que recorda a de Tian'anmen en Pekín.

O monumento, clasificado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO desde 1994, sitúase sobre a montaña chamada Hongshan, a unha altura de 3.700 metros sobre o nivel do mar. Abrangue unha área de 410.000 metros cadrados e ten unha superficie edificada de 130.000 metros cadrados.

Véxase tamén [editar]

Ligazóns externas [editar]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: