Oso panda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


Oso panda
Ailuropoda melanoleuca
Panda xigante no zoo de Hong Kong
Panda xigante no zoo de Hong Kong
Estado de conservación
En perigo
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Mammalia
Subclase: Theria
Infraclase: Eutheria
Orde: Carnivora
Suborde: Caniformia
Familia: Ursidae
Subfamilia: Ailuropodinae
Grevé, 1894
Xénero: Ailuropoda
Milne-Edwards, 1870
Especie: A. melanoleuca
Nome binomial
Ailuropoda melanoleuca
(David, 1869)
Distribución da especie

Distribución da especie
Subespecies

O oso panda ou panda xigante (Ailuropoda melanoleuca) é unha especie de mamífero da orde dos carnívoros e, malia que hai unha salientable controversia ó respecto, os últimos estudos do seu ADN inclúeno entre os membros dos osos, sendo o Tremarctos ornatus suramericano o seu parente máis achegado. Por outra banda cabe dicir que o chamado panda menor ou panda vermello e o panda xigante non pertencen á mesma familia.

Natural da China central, o panda xigante vive en rexións montañosas das provincias de Sichuan e o Tíbet, ata unha altitude de 3.500 metros. Trátase dun animal en perigo de extinción. Segundo estatísticas de 2004 e 2005, hai uns 1.600 vivindo nas selvas e 188 en catividade, e estímase que a cantidade de individuos que viven en liberdade está en aumento.

O principal alimento do panda xigante é o bambú (un 99% da súa dieta), malia que tamén come froita, pequenos mamíferos, peixes e insectos. É un bo trepador, pero é raro velos subidos nas árbores. A súa adaptación á catividade é doada.

Unha clasificación controvertida[editar | editar a fonte]

Houbo numerosos debates sobre a posición filoxenética dos pandas (o maior e o menor) e os mapaches, desde situalos a todos na familia dos prociónidos, até situar o xénero Ailuropoda nunha familia propia, a dos ailuropódidos.[1] Porén, recentes análises xenéticas mostran que o panda xigante é un parente moi próximo dos osos, polo que a maioría dos autores o sitúan dentro da familia dos úrsidos como único representante actual da subfamilia dos ailuropodinos,[2] mentres que a clasificación do panda menor (Ailurus fulgens) aínda se discute.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ailuropodoidae en The Free Dictyonary.
  2. Ailuropodinae en Paleobiology Database.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]