Taxiquistán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ҷумҳурии Тоҷикистон
Jumhuríi Tojikistón
/dʒumhɪɪ todʒɪkɪsˈton/
República de Taxiquistán
Bandeira do Taxiquistán Emblema do Taxiquistán
Bandeira Emblema
Lema: non ten
Himno nacional: Surudi Milli
 
LocationTajikistan.svg
 
Capital
 • Poboación
Dushanbe
536.000 (2000)
Cidade máis poboada Dushanbe
Linguas oficiais
Taxico
Forma de goberno República
Emomali Rajmonov
Okil Okilov
Independencia

 • Declarada
da
Unión Soviética
9 de setembro de 1991
Superficie
 • Total
 • % auga
Fronteiras
Costas
Posto 92º
143.100 km²
0.3
n/d km
non ten km
Poboación
 • Total
 • Densidade
Posto 100º
7.627.200 (2011[1])
51 hab./km²
PIB (nominal)
 • Total
 • PIB per cápita

n/d
n/d
PIB (PPA)
 • Total (2005)
 • PIB per cápita
Posto 145º
US$ 8.810 mill.
US$ 1.200. (204º)
IDH n/d
Moeda Somoni (TJS, TSO)
Xentilicio Taxico, -a
Fuso horario UTC +5
Dominio de Internet .tj
Prefixo telefónico +992
Prefixo radiofónico EYA-EYZ
Código ISO 762 / TJK / TJ
Membro de: ONU, OSCE, CEI, OCS
Tódolos países do mundo

Taxiquistán (Тоҷикистон) é un país de Asia Central. Tén fronteiras con Afganistán, a China, o Kirguizistán e o Uzbequistán. É o único país do Turquestán da ex Unión Soviética que fala unha lingua non turca, senón taxico, que é unha lingua irania, que xunto co persa moderno e o darí, derivan do persa medio.

Historia[editar | editar a fonte]

Política[editar | editar a fonte]

O parlamento está constituído por dúas cámaras:

División Administrativa[editar | editar a fonte]

Provincias do Taxiquistán

O Taxikistán está dividido en tres provincias (вилоят viloiat /vilo'jat/, plural вилоятҳо viloiatgho /vilo'jatxo/) e máis unha provincia autónoma (вилояти мухтор viloiati mughtor /vilo'jati mux'tor/) :

  1. Provincia de Sogdiana Вилояти Суғд, número 1 no mapa, capital Ghuxand Хушанд (Xushand).
  2. Dushanbe Душанбе e Distrito Subordinado da República Ноҳияҳои тобеи Жумҳурӣ (Nohiyahoi tobei Jumhurii), número 2 no mapa, capital Dushanbe.
  3. Provincia de Ghatlón Вилояти Хатлон (Xatlon), no mapa número 3, capital Curgonteppá Қурғонтеппа (Qurghonteppa).
  4. Provincia Autónoma do Badaghxán Montañoso Вилояти Мухтори Куҳистони Бадахшон (Viloyáti Muxtori Kuhistoni Badaxshón), no mapa número 4, capital Ghorug Хоруғ (Xorugh).

Nota : a cada provincia séguelle o nome do seu centro administrativo entre parénteses.

A rexión que contén a capital Dushanbe é independente a nivel administrativo, non ten estatuto de provincia pero si un sistema similar.

Cada provincia está dividida en distritos (ноҳия nohiia /,no'hija/, en plural ноҳияҳо nohiiaho /,no'hijaho/) e á súa vez subdivididos en жамоат xamoatos (que equivalen ás nosas "parroquias"), e logo en vilas.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Mapa do Taxikistán
Vista satélite do Taxiquistán

Economía[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Economía de Taxiquistán.

O Taxiquistán é o país máis pobre da ex-Unión Soviética (URSS) e ademais un dos máis pobres do mundo. As fontes de ingresos, ligadas á exportación do algodón e do aluminio, son precarias e fan a economía vulnerable aos mercados exteriores.

No 2000, a axuda internacional era esencial para soster os programas de rehabilitación, onde se comeza a reintegrar os antigos combatentes da guerra civil dentro da sociedade. A axuda internacional foi igualmente necesaria para limitar a caída da produción de alimentos, consecuencia dun segundo ano de seca. Mais en agosto do 2001, a Cruz Vermella anunciou o comezo da fame no Taxiquistán, e apelou á axuda internacional.

Demografía[editar | editar a fonte]

Evolución da demografía entre 1961 e 2003 (cifra da FAO, 2005). Poboación en milleiros de habitantes.


Nenos taxicos
Old bearded man from Tajikistan.jpg

O principal grupo étnico do Taxiquistán é o taxico, con minorías tales coma os uzbecos e quirguices, e unha pequena minoría en retroceso de rusos. Dado que non todo o mundo en Taxiquistán é taxico, aos cidadáns non taxicos chámaselles taxiquistanos. O xentilicio de calquera persoa do Taxiquistán é taxiquistano, mentras que o grupo étnico maioritario taxico chámanse a si mesmos taxico (tajikí).

Os actuais taxicos son un pobo iranio, concretamente descenden dos antigos pobos iranios orientais de Asia Central, tales coma os sogdianos e os bactrios, cunha mestura de iranios occidentais (persas) así coma pobos non iranios.[2]

Historicamente, o Taxiquistán e Uzbequistán (Khanato de Buxara) foron patria dos xudeus buxorís, que remontan a súa ascendencia ás Tribos Perdidas de Israel abandonan o cativerio dos babilonios no século VII d.C., pero non quedan apenas moitos xudeo-buxorís no Taxiquistán.

Taxiquistán: Poboación rural e poboación total 1958-2005 (millóns). State Statistical Committee, Dushanbe, estadísticas de varios anos.

Estrutura poboacional[editar | editar a fonte]

Informacións de CIA factbook excepto cando indicado.

Poboación: 6.863.752 (est. xullo 2003 est.)

Estructura etaria:
0-14 anos: 39.8% (male 1,376,244; female 1,353,108)
15-64 anos: 55.5% (male 1,896,509; female 1,915,334)
65 anos ou máis: 4.7% (male 140,993; female 181,564) (2003 est.)

Taxa de crecemento da poboación: 1.895% (2007 est.)

Taxa de natalidade: 27.33 nacementos/1,000 habitantes (2007 est.)

Taxa de defunción: 7.05 pasamentos/1,000 habitantes (2007 est.)

Taxa neta de migración: -1.33 migrantes/1,000 habitantes (2007 est.)

Taxa por sexo:
ao nacer: 1.05 varón/muller
menos de 15 anos: 1.02 varón/muller
15-64 ano: 0.99 varón/muller
65 anos ou máis: 0.78 varón/muller
total: 0.99 varón/muller (2003 est.)

Taxa de mortalidade infantil:
total: 113.43 mortes/1,000 nados vivos
muller: 99.63 mortes/1,000 nados vivos (2003 est.)
varón: 126.58 mortes/1,000 nados vivos

Esperanza de vida ao nacer:
poboación total: 64.37 anos
varóns: 61.39 anos
mulleres: 67.5 anos(2003 est.)

Taxa de fertilidade: 4.17 nenos nacidos/mjller (2003 est.)

Grupos étnicos[editar | editar a fonte]

Xoves mulleres taxicas
Anciá taxica (2007).
Un estudioso de relixión do Taxiquistán (2005).

Os taxicos representan un 79.9%, os usbecos un 15.3%, os rusos un 1.1% (en grande retroceso debido a emigración ou o retorno a Rusia), os quirguices un 1.1% (tamén en retroceso, moitos prefiren asentarse en Quirguicia), outros (incluíndo os xudeus de Buxara e os alemáns do Volga) un 2.6% (segundo o censo de poboación do ano 2000).

Cadro étnico segundo os censos de poboación dende 1926 ata 2000 (en miles) [3]
Nota: Dentro da categoría de taxicos tamén se inclúen aproximadamente 135.000 Pamires (dos que un 65% son xugnís, un 13% rushanís, un 12% vaghís, un 5% bartanguís, un 3% iazgulomís, un 1.5% hufís, e un 0.8% ixcaximís) e uns 5.000 iagnobís. Os taxicos excluíndo os pobos do Pamir e os iagnobís conforman un 77.6% da poboación de acordo co censo de 2000.

Ano 1926 1937 1939 1959 1970 1979 1989 2000
Poboación total 827,2 1383,5 1484,4 1980,5 2899,6 3806,2 5092,6 6127,5
Taxicos 619,0 840,6 884,0 1051,2 1629,9 2237,0 3172,4 4898,4
Usbecos e outros pobos túrquicos 176,4 332,3 359,6 455,0 665,7 873,2 1197,8 1012,5
Dos cales: Lakai 51,0
::Kongrat 15,1
::Katagan 4,9
::Barlos 3,7
::Yuz 1,1
Rusos 5,6 114,9 134,9 262,6 344,1 395,1 388,5 68,2
Quirguiz 11,4 26,4 28,0 25,7 35,5 48,4 63,8 65,5
Turcomanos 4,1 3,2 4,0 7,1 11,0 14,0 20,5 20,3
Tártaros 1,0 16,6 18,3 56,9 70,8 79,5 79,4 19,0
Dos cales: Tártaros de Crimea 7,2 0,1
Árabes 3,3 2,3 2,3 0,3 14,5
Afganos 0,7 1,0 0,55 2,1 4,7
Romanís 0,19 1,2 1,6 1,8 4,3
Ucraínos 1,1 12,5 17,4 26,9 31,7 35,8 41,4 3,8
Coreanos 0,04 2,4 8,5 11,2 13,4 1,7
Alemáns 0,06 2,0 32,6 37,7 38,9 32,7 1,1
Armenios 0,17 1,3 2,9 3,8 4,9 5,7 1,0
Irianos (Osetos) 0,15 1,7 4,5 5,8 7,7 7,9 1,0
Cazacos 1,6 12,4 12,7 12,6 8,3 9,6 11,4 0,9
Baxquirios 0,17 1,4 3,9 4,8 6,1 6,8 0,9
Azerbaixano 1,6 2,2 3,6 0,8
turcos 0,004 0,1 0,8 0,7
Bielorrusos 0,06 1,0 2,8 4,0 5,1 7,2 0,5
Moldavos 0,003 0,04 0,4 0,6 0,9 0,3
Mordvíns 0,18 4,8 6,7 7,0 6,5 5,5 0,3
Xudeus 0,2 5,2 12,4 14,6 14,7 14,8 0,2
Dos que: Xudeus de Buxara 0,08 0,8 6,2 4,9 0,02
Chuvaxos 0,02 0,5 1,7 2,5 0,2
Xeorxianos 0,03 0,4 0,7 0,8 1,0 0,2
Laks 0,05 0,9 1,4 0,14
Polacos 0,07 0,6 0,7 0,07
Búlgaros 0,04 1,1 0,07
Outros 1,3 2,3 7,2 6,3
Nationalidade non especificada 0,4 0,1 0,05 0,01

Relixións[editar | editar a fonte]

Son musulmáns nun 90% - 97% (a maioría sunnita e seguida polo xiísmo), os cristiáns son un 2.5% (a maioría cristiáns ortodoxos), o resto un 0.5% (incluíndo zoroastrismo, Bahá'í, budismo, Hare Krishna, xudaísmo, etc) [4][5][6]

Linguas[editar | editar a fonte]

O taxico é a lingua oficial.[7] O ruso é usado en negocios e polo goberno, pero coma nas outras ex-repúbicas soviéticas está en retroceso, mostrando máis interese pola lingua inglesa. O xugní é falado na zona preto de Ghorug (Xorugh, en xugní Xaragh) na Provincia Autónoma do Badaghxán Montañoso. Tamén se falan o sariculí, o ´vakhí, o bartanguí, o ruxaní e o iazgulomí.

Educación[editar | editar a fonte]

A educación é obrigatoria ata a escola secundaria pero a súa finalización é menos do 90 %.
definición: idade 15 e máis saben ler e escribir
poboación total: 99.4%
homes: 99.6%
mulleres: 99.1% (2003 est.)

Transporte[editar | editar a fonte]

A maioría dos sistemas de transportes foron construídos durante a era soviética e dende esa era o sistema foise deteriorando por mor dos insuficientes investimentos e mantementos das infraestruturas. Nin o sistema soviético nin a infraestrutura posteriormente construída se dirixiu á división topográfica entre as rexións do norte e do sur do país. A comezos do ano 2005 unha serie de proxectos sobre transportes principais procurou corrixir este problema. O primeiro dos proxectos, o Túnel de Anzob, que se rematou en 2006, une a estrada de Dushanbe co norte do Taxiquistán, resolvendo o problema que existía anteriormente de incomunicación cada inverno. O transporte aéreo é considerado non fiable.[8]

Ferrocarril[editar | editar a fonte]

O sistema ferroviario conta soamente con 480 quilómetros de traxectos, todos de vía ancha. O sistema de ferrocarrís conecta os principais centros urbanos do oeste do Taxiquistán coas vilas principais nas veciñas Uzbequistán e Turcomenia. No ano 2000 unha nova liña conectou as cidades do sur de Curgonteppa (Qurghonteppa) e Kulob. O tránsito de pasaxeiros polo Taxiquistán viuse dificultado polos fracasos periódicos dos ferrocarrís taxicos de pagar tarifas de tránsito e por cuestións de seguridade.[9]

Estradas e autoestradas[editar | editar a fonte]

Traballadores chineses construíndo unha ponte na estrada entre Dushanbe e Ghuxand.

O Taxiquistán conta cunha estimación de 30.000 quilómetros de estradas, das que a grande maioría foron construidas antes de 1991. Unha artería principal percorre de norte a sur a través das montañas entre a cidade de Ghuxand (Xushand), no noroeste, e Dushanbe. Unha segunda arteria vai ao leste dende Dushanbe a Ghorog (Xorogh) na Provincia Autónoma do Badaghxán Montañoso e logo ao nordés a través das montañas á cidade de Ox (Oş) en Quirguicia. Debido a que a ruta Ghuxand–Dushanbe estaba pechada en inverno, construíuse o túnel de Anzob para evitar o paso de montaña e abrir así unha ruta que conecte Taxquent (Taşkent) (Uzbequistán) e puntos do norte co Afganistán e o Pakistán ao sur, vía o Taxiquistán.

A China investiu aproximadamente 720 millóns de dólares en melloras de infraestruturas no Taxiquistán, incluíndo a reconstrución, ensanche e mellora da estrada entre Dushanbé e Ghuxand que dende agosto de 2007 está a usar equipamento chinés para os traballos de reconstrución.[10]

A mediados do 2005 comezou a construción dunha ponte sobre o río Panxe (Panj) ata Afganistán a cal foi finaciada polos Estados Unidos de America abríndose a ponte en agosto de 2007[11], e pídense proxectos para a construción de varias pontes que unan o Taxiquistán co sur.[12]

Gasodutos e oleodutos[editar | editar a fonte]

Taxiquistán conta cun gasoduto de 549 quilómetros que leva gas natural dende Uzbequistán ata Dushanbe e leva gas entre lugares de Uzbequistán polo noroeste do Taxiquistán. O Taxiquistán tamén conta cun oleoduto duns 38 quilómetros.[13]

Portos e canles[editar | editar a fonte]

Taxiquistán non ten acceso ao mar e non conta con canles interiores navegables.[14]

Aeroportos[editar | editar a fonte]

No ano 2007 o Taxiquistán contaba con 26 aeroportos, dos que 18 tiñan pavimentadas as pistas de aterraxe e dous con pistas de aterraxe de máis de 3.000 metros.[15] O aeroporto máis grande é o de Dushanbe que ten só uns poucos voos con destinos internacionais. Uns poucos voos unen Dushanbe con Taxquent (Taşkent) que é o aeroporto máis cercano que ofrece conexións coa maioría de destinos europeos. Os seguintes aeroportos máis grandes son o de Ghuxand (Xujand) e o de Kulob. A compañía estatal Tajikistan Airlines que conta cun rexistro de seguridade cuestionable, ofrece voos a outros países de Asia Central coa excepción de Uzbequistán, e voos semanais á Alemaña e a Rusia.[16]

Cultura[editar | editar a fonte]

Datos estísticos[editar | editar a fonte]

  • Poboación: 6.719.567 habitantes (xullo 2002). 0-14 anos: 40,4 %; 15-64 anos: 54,9 %; >65 anos: 4,7 %
  • Superficie: 143 000km²
  • Densidade: 47 hab./km²
  • Fronteiras terrestres: 3.651 km (Afganistán 1.206 km, China 414 km, Quirguicistán 870 km, Usbekistán 1 161 km)
  • Litoral: 0 km
  • Extremidades de altitude: 300 m > 7.495 m
  • Esperanza de vida dos homes: 61,24 anos (en 2002)
  • Esperanza de vida das mulleres: 67,46 anos (en 2002)
  • Taxa de crecemento da popboación: 2,12 % (en 2002)
  • Taxa de natalidade: 32,99 ‰ (en 2002)
  • Taxa de mortalidade: 8,51 ‰ (en 2002)
  • Taxa de mortalidade infantil: 114,77 ‰ (en 2002)
  • Taxa de fecundidade: 4,23 nenos/muller (en 2002)
  • Taxa de migración: -3,27 ‰ (no 2002)
  • Independencia: 9 de setembro do 1991
  • Liñas de teléfono: 242.100 (en 2003)
  • Teléfonos móbiles: 47.600 (en 2003)
  • Aparatos de radio: 1.291.000 (en 1991)
  • Aparatos de televisión: 820.000 (en 1997)
  • Usuarios de Internet: 5.000 (en 2002)
  • Número de provedores de Internet: 4 (en 2002)
  • Rutas: 29.900 km: 21.400 km pavimentadas - 8.500 km terra (en 1990)
  • Vías férreas: 482 km (2001)
  • Vías navigables: 0 km
  • Número de aeroportos: 53 (en 2001)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. The World Factbook. Consultado o 7 de novembro de 2011
  2. Library of Congress Country Studies - Tajikistan - Historical & Ethnic Background - 1996
  3. Results of the 2000 population census in Tajikistan.
  4. CIA Factbook - Tajikistan
  5. Religious Freedom - Tajikistan
  6. International Religious Freedom Report 2007 - Tajikistan
  7. Constitución da República do Taxiquistán, 6 de novembro de 1994, Artigo 2.
  8. Tajikistan country profile. Biblioteca do Congreso Federal Research Division (Xaneiro de 2007). Este artigo incorpora textos desta fonte que é de dominio público.
  9. >Tajikistan country profile. Library of Congress, Federal Research Division (Xaneiro 2007). Este artigo incorpora textos desta fonte que é de dominio público.
  10. [1] TAJIKISTAN: A CHINESE ROAD TO THE FUTURE? ; EURASIANET. (último acceso 20-08-2008)
  11. CIA World Factbook. Tajikistan
  12. >Tajikistan country profile. Library of Congress, Federal Research Division (xaneiro 2007). Este artigo incorpora textos desta fonte que é de dominio público.
  13. Tajikistan country profile. Library of Congress, Federal Research Division (Xaneiro 2007). Este artigo incorpora textos desta fonte que é de dominio público.
  14. Tajikistan country profile. Library of Congress, Federal Research Division (xaneiro de 2007). Este artigo incorpora textos desta fonte que é de dominio público.
  15. CIA World Factbook. Tajikistan
  16. Tajikistan country profile. Library of Congress, Federal Research Division (xaneiro 2007). Este artigo incorpora textos desta fonte que é de dominio público.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Taxiquistán