Val de Jiuzhaigou

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rexión de interese panorámico e histórico do Val de Jiuzhaigou
Cataratas en Jiuzhaigou
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
País China
Localización33°12′N 103°54′L / 33.200, -103.900
TipoNatural
CriteriosVII
Inscrición1992 (16ª sesión)
Rexión da UNESCOAsia e o Pacífico
Identificador637

O Val de Jiuzhaigou (九寨沟 en chinés, Sicadêgu en tibetano) é unha reserva natural no norte da provincia de Sichuan da República Popular da China, coñecida polas súas cataratas e lagos, declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1992.

Xeografía[editar | editar a fonte]

O Val de Jiuzhaigou queda ao sur dos montes Minshan, a 330 quilómetros ao norte da cidade de Chengdu preto do límite coa provincia de Gansu, forma parte da Prefectura Autónoma Tibetana e Qiang de Ngawa e do condado de Jiuzhaigou.

O espazo protexido cobre unha área de 720 km² cunha altitude que varía segundo a zona, entre os 1.998 a 2.140 m e os 4.558 - 4.764 m. O clima no val é frío, a temperatura media rolda os 7.2 °C., coa mínima de -1 °C en xaneiro e a máxima de 17 °C en xullo. O volume anual de precipitacións é de 661 mm, o 80% entre maio e outubro.

Lago en Jiuzhaigou

Historia[editar | editar a fonte]

Lago Panda

A área é unha zona remota habitada polo pobo tibetano durante séculos, en 1997 vivían no val 130 familias en sete aldeas totalizando uns 1000 habitantes, tradicionalmente dedicados á agricultura e á silvicultura, actividades que desde a declaración de reserva natural está prohibida, dedicándose a poboación a actividades relacionadas co turismo, os turistas que eran tan só 5000 en 1984 chegaron a 1.190.000 en 2002.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]