Gao Xingjian

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gao Xingjian

Gao Xingjian, nado en Ganzhou, China, o 4 de xaneiro de 1940, é un escritor en chinés. Nado en China, na actualidade reside en Francia e é cidadán francés. No ano 2000 obtivo o Premio Nobel de Literatura.

É dramaturgo e novelista. A súa obra máis importante é a novela A Montaña da alma.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nobel prize medal.svg

Nado na localidade de Ganzhou, na provincia de Jiangxi, estudou francés na Universidade de Pequín. Tras licenciarse, traballou como tradutor de francés en China.

A súa obra reflicte influencias do modernismo e o teatro do absurdo. Foi contratado como guionista do Teatro Popular das Artes de Pequín, onde en 1982 se representou a súa primeira obra, O Sinal de Alarma, escrita en colaboración con Liu Huiyuan. A súa segunda obra, A Estación de Autobuses estreouse en 1983, dirixida, do mesmo xeito que O Sinal de Alarma por Lin Zhaohua. Na representación, esta obra seguía a unha peza curta de Lu Xun, na que o seu protagonista acababa poñéndose na cola dunha parada de autobuses. Así, enlazábanse o final da obra de Lu Xun co comezo de A Estación de Autobuses. Esta obra, a máis famosa das súas composicións para teatro, ten certas similitudes con Esperando a Godot, cun toque de darwinismo social. Na obra empréganse numerosas expresións locais, cunha linguaxe moi pequinesa, ao estilo da famosa obra de teatro O Salón de Té de Lao She.

A "Campaña contra a Contaminación Intelectual" emprendida polo Goberno chinés a mediados dos anos 1980, causoulle problemas coa censura, e a estrea da súa terceira obra, O Home Salvaxe pospúxose ata 1985. A partir de 1986 prohibiuse a representación das súas obras novas.

En 1987 viaxa a París e queda vivindo alí. Xa non volverá a China. En Francia acaba a súa obra mestra, a novela A Montaña da alma.

No ano 2000, concedéuselle o Premio Nobel de Literatura. A noticia foi recibida con indignación por parte das autoridades chinesas, e os medios de comunicación da China continental non informaron sobre a concesión do premio.

A concesión do premio Nobel deulle fama mundial. As súas obras empezaron a traducirse ao español e outros moitos idiomas a partir dese momento.

Obra[editar | editar a fonte]

A continuación listanse algunhas das súas obras máis representativas.

Novela[editar | editar a fonte]

Obras de Teatro[editar | editar a fonte]

  • O sinal de Alarma (Juéduì xìnhào 絕對信號 / 绝对信号 ), 1981.
  • A Estación de Autobuses (Chēzhàn 車站 / 车站 ), 1983.
  • O Salvaxe (Yěrén 野人 ), 1984.

Notas[editar | editar a fonte]

  • Bonnie S. McDougall y Kam Louie, The Literature of China in the Twentieth Century, Columbia University Press, 1999.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gao Xingjian