Mao Tse Tung

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Mao.
Mao con Nixon o 2 de febreiro de 1972

Mao Tse Tung (segundo a romanización Wade-Giles) ou Máo Zédōng (segundo a romanización pinyin, en chinés simplificado 毛泽东 e 毛澤東 en tradicional), nado o 26 de decembro do 1893 e morto o 9 de setembro de 1976, foi un político chinés. Foi dirixente do Partido Comunista Chinés. Dirixiu a Revolución Comunista de 1949 que impuxo o control sobre a China continental baixo mans do seu partido. Isto ocorreu trala fuxida de Chiang Kai Chek e dos seus seguidores do Kuomintang a Taiwan.

As súas formulacións ideolóxicas orientaban a idea do comunismo cara o campesiñado, a diferenza do que ocorreu na Rusia soviética (URSS) que se enfocaba principalmente ó proletariado.

En 1961 rompeu formalmente co comunismo soviético ao denunciar o revisionismo da URSS e do PCUS. Unha das campañas máis polémicas impulsadas por Mao foi a Revolución Cultural en 1966 para consolidar o maoísmo.

Índice

[editar] Galería de imaxes

[editar] Teoría política

Durante a década de 1920, Mao desenvolveu algunhas das súas teorías políticas. Na área da filosofía, as ideas de Mao son consideradas máis de tipo cultural que orixinal, aínda asi, as súas ideas tiveron un grande impacto nas xeracións posteriores e afectaron significativamente ó resto do mundo.

Unha das súas principais ideas era a visión dos campesiños como a fonte da revolución. Tradicionalmente as ideas Marxistas-Leninistas vían os obreiros industriais como a forza que conduciría a revolución, pero a pesar disto, Mao deuse de conta de que este non era o caso da China, e que dende o campesiñado, debíase desenvolver a revolución. A China non tiña unha poboación significativa de obreiros, pero si tiña unha gran masa de campesiños descontentos, o que apoiaba as ideas de Mao.

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas