Gastronomía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sargo ó forno.

Gastronomía é o estudo da relación entre cultura e alimento. A miúdo pénsase erroneamente que o termo gastronomía unicamente ten relación coa arte de cociñar e os pratos en torno a unha mesa. Isto é só una pequeña parte do campo de estudo desta disciplina e non sempre se pode afirmar que un cociñeiro sexa un gastrónomo.

Historia e características[editar | editar a fonte]

A gastronomía estuda varios compoñentes culturais tomando como eixo central a comida. Desta forma vincúlanse Belas Artes, ciencias sociais, ciencias naturais e incluso ciencias exactas ó redor do sistema alimenticio do ser humano.

Dende o punto de vista etimolóxico a palabra "gastronomía" non ten un significado de todo válido pois deriva do grego "gaster" ou "gastros" que quere dicir estómago e "gnomos", coñecemento ou lei.

Son propias dun gastrónomo actividades tales como degustar, transformar, historiar, narrar, descubrir, vincular, entender, coñecer, contextualizar, experimentar e investiga-los alimentos. Así pois, a gastronomía débese entender como unha actividade interdisciplinaria. Se se observa descubrirase que ó redor dos alimentos existe danza, teatro, pintura, escultura, literatura, arquitectura, música, en resumo Belas Artes. Pero tamén hai física, matemáticas, química, bioloxía, xeoloxía, agronomía, é dicir, ciencias exactas e naturais. E ademais hai antropoloxía, historia, letras, filosofía, psicoloxía, socioloxía, por parte das ciencias sociais.

O primeiro estudo de gastronomía probablemente sexa Fisiología del gusto de Jean Anthelme Brillat-Savarin de finais do século XIX. Diferenciábase dos tradicionais recetarios, consistentes nunha sucesión de técnicas de cociña e receitas escritas dende tiempos remotos, en canto ó estudo que presentaba acerca dos sentidos, en especial o do gusto, e a súa relación coa comida.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gastronomía

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Gastronomías do mundo[editar | editar a fonte]

América[editar | editar a fonte]

Europa[editar | editar a fonte]

Asia[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]