Qinghai
| Capital | Xining (1,030.000 hab.) |
| Área | 721.000 km² |
| Poboación | 5,390.000 hab. |
| Densidade | 7'48 hab./km² |
Qinghai é unha provincia interior da República Popular da China, situada entre o centro e o oeste do país. O seu nome provén do lago Qinghai, o máis extenso do país, con 4.635 km², cuxo nome significa mar azul en lingua chinesa.
Trátase dunha das provincias chinas cunha menor densidade de poboación, pois cunha extensión 1'4 veces superior á de España, nela viven pouco máis de 5 millóns de persoas, a maioría na capital Xining ou nos seus arredores. Esta baixa poboación da provincia explícase polo clima extremo, con invernos moi fríos e veráns moi quentes, xa que xeográficamente a provincia é unha prolongación natural da meseta do Tibet.
En Qinghai nacen tres dos ríos máis caudalosos e longos do planeta: os ríos Mekong, Yangtzé e Huang He. Tamén é o lugar de nacemento de Tenzin Gyatso, o actual Dalai Lama, que recibiu en 1989 o Premio Nobel da Paz.