Sufraxio directo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Denomínase sufraxio directo ou elección directa aquel no que os votantes elixen aos seus gobernantes directamente, sen trámites nin funcionarios intermedios. Trátase dun sistema oposto ao sufraxio indirecto.

O modelo de elección directa é, en xeral, considerado como máis democrático que o sufraxio indirecto, no que a poboación non coñece puntualmente quen será o seu representante, e foi substituíndo progresivamente a este último.

O sufraxio directo, por outra banda, unha mellor aplicación da regra da maioría, o impedir a formación de colexios electorais integrado por membros que representan distintas cantidades de cidadáns.

Por extensión, o termo sufraxio directo aplícase a todos os procesos electorais, sexan ou non políticos nos que se elixe directamente aos funcionarios.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]