Dinastía Qing

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
清朝
Imperio do Gran Quing

16441912
Imperio do Gran Quing.
Capital Beijing
Lingua Lingua oficial:
Mandarín
Manchú
Tibetano
Mongol
Uyghur
outras
Relixión Taoísmo
Confucianismo
Budismo
Relixión tradicional chinesa
Lamaísmo
Goberno Monarquía absoluta
Emperador (皇帝)
 • 16261643 Hung Taiji
 • 19081912 Puyi
Historia
 • Batalla de Beijing 1644
Superficie
 • 1740 13,150,000 km²
 • 1790 14,700,000 km²
Poboación
 • 1740 est. 140,000,000 
     Densidade 10,6/km²
 • 1776 est. 268,238,000 
 • 1790 est. 301,000,000 
     Densidade 20,5/km²
A emperatriz Cixi

A Dinastía Qing (chinés: 清朝, pinyin: Qīng Cháo, Wade-Giles: Ch'ing ch'ao; IPA t͡ɕʰíŋ t͡ʂʰɑ̌ʊ̯; Manchu: Daicing gurun.png, Von Möllendorff: Daicing Gurun), tamén coñecida coma a Dinastía Manchú, foi a derradeira dinastía gobernante de China, que estivo no poder entre 1644 e 1912 (cunha breve restauración en 1917). Foi precedida pola Dinastía Ming, a derradeira dinastía han chinesa, e seguida pola República de China e a República Popular da China.

A dinastía foi fundada polo clan manchú Aisin Gioro no que hoxe é o noroeste de China (tamén coñecida coma Manchuria). Comeza en 1644 a expandirse pola propia China e os seus territorios circundantes, establecendo o Imperio do Gran Qing (chinés simplificado: 大清国, chinés tradicional: 大清國, pinyin: Dà Qīng Guó, Wade-Giles: Ta Ch'ing Kuo, ou chinés simplificado: 大清帝国, chinés tradicional: 大清帝國; pinyin: Dà Qīng Dì Guó, Wade-Giles: Ta Ch'ing Ti Kuo). A pacificación completa de China acadouse arredor de 1683 baixo o emperador Kangxi.

Establecida orixinalmente coma a Última Dinastía Jin (chinés simplificado: 后金, chinés tradicional: 後金, pinyin: hòu jīn) Amaga Aisin Gurun en 1616, cambiou o seu nome a Qing, que significa claro ou traslúcido en 1636. En 1644 Beijing foi saqueada por unha coalción de forzas rebeldes liderada por Li Zicheng, un oficial Ming. O derradeiro emperador Ming Chongzhen suicidouse cando caeu a cidade, marcando o remate oficial da dinastía. Daquela, os manchús aliáronse co xeneral Ming Wu Sangui e tomaron o control de Beijing e derrubaron a curta Dinastía Shun.

A pesar de que os manchús foron conquistadores estranxeiros, adoptaron rapidamente as tradicionais regras e costumes de goberno confucianas e terminaron por gobernar na mesma liña das dinastías nativas anteriores.

A dinastía acadou o seu esplendor no século XVIII, durante o cal medraron tanto o territorio como a poboación. Consolidando o seu control sobre o territorio antes pertencente aos mings e ampliando ademais a súa esfera de influencia para incluír Xinjiang, o Tibet e Mongolia.

Sen embargo, o seu poderío militar debilitouse a partir daquela. A Dinastía Qing comezou o seu declive a partir de mediados do século XIX por mor dos grandes conflitos sociais, coma a Rebelión Taiping (1851-1864, o estancamento económico e a influencia occidental. O interese británico en continuar o comercio de opio levou a numerosos conflitos con occidente, o que conlevou á Primeira Guerra do Opio, en 1840. O Reino Unido e outras potencias occidentais, ocuparon "concesións" á forza e gañaron privilexos comerciais. Hong Kong foi cedida aos británicos en 1842 polo Tratado de Nanquim. Tamén ocorreran naquel século a Rebelión Taiping (1851-1864).

A Dinastía Qing foi derrubada pola Revolución Xinhai, cando a emperatriz Dowager Longyu abdicou no último emperador, Puyi, o 12 de febreiro de 1912.