Igualdade social

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A igualdade social é unha situación social segundo a cal as persoas teñen as mesmas oportunidades ou dereitos nalgún aspecto.

Existen diferentes formas de igualdade, dependendo das persoas e da situación social particular. Por exemplo, a igualdade entre persoas de diferente sexo, igualdade entre persoas de distintas razas, igualdade entre personas discriminadas ou de distintos países con respecto ás oportunidades de emprego ou a igualdade de diferentes razas respecto a dereitos de tránsito, de uso de transportes públicos ou de acceso á educación.

A loita polos dereitos sociais foi bandeira do Movemento polos Dereitos Civís.

Actualmente, a igualdade social en algúns aspectos gañou terreo en occidente -especialmente no primeiro mundo- debido ás múltiples iniciativas pola liberdade en amplas áreas, aínda que de maneira aínda bastante limitada a pesares das aparencias; pero na maior parte dos países do mundo continúan existindo moitos tipos de desigualdades sociais de gran magnitude.