Singapur

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Republic of Singapore
Republik Singapura
新加坡共和国
சிங்கப்பூர குடியரசு
República de Singapur
Bandeira de Singapur Escudo de Singapur
Bandeira Escudo
Lema: Majulah Singapura
Adelante Singapur
Himno nacional: Majulah Singapura
 
LocationSingapore.png
 
Capital
 • Poboación
Singapur
4 425 720 hab. (2005)
Cidade máis poboada Singapur
Linguas oficiais
Inglés, malaio, mandarín estándar (chino) e támil
Forma de goberno República parlamentaria
Sellapan Rama Nathan
Lee Hsien Loong
Independencia
- declaración (con Malasia)
- recoñecida (con Malasia)
Independencia definitiva
- recoñecida
do Reino Unido
31 de agosto de 1963

16 de setembro de 1963


de Malasia
9 de agosto de 1965
Superficie
 • Total
 • % auga
Fronteiras
Costas
Posto 191º
692,7 km²
1,4 %
0 km km
193 km km
Poboación
 • Total
 • Densidade
Posto 119º
4.425.720
6.389 hab./km²
PIB (nominal)
 • Total
 • PIB per cápita

n/d
n/d
PIB (PPA)
 • Total (2005)
 • PIB per cápita
Posto 54º
US$ 124 001 000 000
US$ 28.228
IDH (2005) 0,922 (25º) – Alto
Moeda Dólar de Singapur (SGD)
Xentilicio Singapurense
Fuso horario UTC + 8
Dominio de Internet .sg
Prefixo telefónico +65
Prefixo radiofónico S6A-S6Z / 9VA-9VZ
Código ISO 702 / SGP / SG
Membro de: ONU, ASEAN, Commonwealth, APEC
Tódolos países do mundo
Cidade de Singapur.
Mapa de Singapur.
Merlion.
Esplanade.
Edificio do Parlamento de Singapur.

Singapur é un minúsculo país do sueste asiático que ocupa unha illa principal e algúns illotes secundarios ao longo do extremo sur da Península Malaia. Un canal estreito separa Singapur da Malaisia, a norte, e outro máis longo (o estreito de Malaca) sepáraa de Indonesia, a sur. A súa capital é Singapur.

Índice

Historia[editar]

Artigo principal: Historia urbana de Singapur.

A illa, que anteriormente se chamaba Tumasek, foi bautizada Singapura no século XIV polo príncipe Parameswara.

En 1819, Thomas Stamford Raffles tomou o control da cidade para facer fronte á dominación comercial holandesa na rexión. En 1826, Singapur, Malaca e Penang constitúen as colonias dos estreitos.

Durante a Segunda Guerra Mundial, a partir do 15 de febreiro de 1942 a illa cae baixo dominio do Imperio Xaponés, que a ataca desde terra aproveitando que as defensas da cidade están orientadas contra o mar.

Tras a guerra, Lee Kuan Yew é elixido Primeiro Ministro. O seu partido, o Partido de Acción Popular (People's Action Party) propón entón a integración na Federación de Malaisia, o que consegue en setembro de 1963. Pouco despois, en 1964, as diferenzas maniféstanse e a independencia da República de Singapur é proclamada o 9 de agosto de 1965.

Política[editar]

A constitución de Singapur está inspirada no parlamentarismo inglés. O Partido de Acción Popular domina a política do país desde a independencia. O sistema de goberno aproxímase máis ao autoritarismo que a unha democracia multipartidista.

Paradoxalmente, a economía de mercado en Singapur constitúe un modelo de transparencia e a corrupción é case inexistente. Singapur é membro da ASEAN.

Le Kuan Yew, considerado o pai da patria, foi o único primeiro ministro de 1959 ata 1990, cando pola súa propia vontade decidiu deixar o cargo para dar paso á seguinte xeración de políticos. Cando Goh Chok Tong asume o cargo de primeiro ministro, creou un ministerio sen carteira para Le Kuan Yew e nomeouno Senior Minister. Anos máis tarde Goh Chok Tong tomou unha decisión similar, e decidiu deixar o cargo á xeración de substitución, e en 2004 Le Hsien Loong, fillo de Kuan Yew, asumiu o cargo de primeiro ministro; nese momento o seu pai o Senior Minister pasou a ser chamado Mentor Minister, e Goh Chok Tong pasou a ser o Senior Minister.

Xeografía[editar]

Singapur sitúase entre Malaisia coa que limita ao norte e Indonesia ao sur. Esta illa está unida á península malaia por dúas pontes. A primeira leva á cidade fronteiriza de Johor Bahru en Malaisia. A segunda, máis ao oeste conecta tamén con Johor Bahru nos barrios da rexión de Tuas.

Crecemento[editar]

Cando o mariño Thomas Stamford Raffles izou por primeira vez a bandeira británica en Singapur en 1819 atopouse cunha pequena illa cuxo espazo era compartido por nativos, pescadores e piratas. O capitán inglés sorprenderíase ao comprobar que a cidade-Estado que fundou é hoxe un dos centros financeiros do mundo. E que nin sequera é xa tan pequena.

Nun dos grandes proxectos enxeñeiros xamais emprendidos, Singapur expandiu o seu territorio metro a metro, tonelada de area a tonelada de area, ata aumentar o seu tamaño o equivalente a dous Manhattan neoiorquinos nos últimos corenta anos.

O proxecto está lonxe de terminar e miles de operarios traballan ao longo da costa singapuriana para gañar outros 60 quilómetros cadrados dentro dun ambicioso plan que espertou as iras dos ecoloxistas e provocou un enfrontamento diplomático con países veciños. "Aínda temos espazo para crecer", dicía recentemente o ministro de Desenvolvemento Nacional Mah Bow, anunciando as intencións da que foi descrita como a illa crecente.

O principal problema é que mentres Singapur se expande, as illas próximas empezaron a encoller. As illas indonesias foron durante anos, e debido á súa proximidade, as encargadas de prover o 80% da area necesaria para os proxectos de ampliación de terreo do país veciño. As provincias indonesias de Riau e Bangka-Belitung venderon unha media de 300 millóns de metros cúbicos anuais de area a Singapur, acumulando grandes ganancias á vez que provocaban un desastre ecolóxico nos seus territorios.

Algúns dos illotes máis pequenos de Riau foron escaldados ata quedar mergullados baixo o mar e outras illas maiores viron as súas praias reducidas en tamaño. "Cando lles levas a area, as illas de menor tamaño perden a súa capacidade de resistir a erosión das ondas e co tempo pode provocarse a súa desaparición", asegura Nur Hidayati, coordinador da campaña iniciada por varias ONG indonesias para frear a extracción de máis area do seu territorio.

Singapur utilizou terra das súas montañas nas primeiras obras dos anos 60 ata que o seu territorio quedou practicamente plano. O Goberno comezou a comprar entón area de Malaisia e Indonesia en cantidades que foron aumentando segundo o facían as necesidades dos enxeñeiros nos seus traballos para gañarlle terreo ao mar.

Aeroporto[editar]

A profundidade da auga xunto á costa pasou de cinco a 20 metros, multiplicando a cantidade de area necesaria para crear terreo artificial. A expansión do aeroporto local de Changi, considerado un dos tres mellores do mundo, requiriu para a súa construción a creación de 12 quilómetros cadrados artificiais e a utilización de 9.600 millóns de metros cúbicos de area. A rápida expansión de Singapur ten como obxectivo facilitar espazo para unha poboación que o Goberno prevé pase dos 4,5 millóns de habitantes actuais a 6,5 millóns nas próximas décadas, a pesar de que o país conta cun dos índices de natalidade máis baixos do mundo.

As autoridades temen que a falta de terreo e a concentración de xente provoque no futuro contaminación, atascos e subidas dos prezos da vivenda como os experimentados por Hong Kong, cuxo Goberno tamén leva a cabo proxectos de recheo de terreo ao mar.

Os plans de Singapur, que inclúen a expansión da súa costa outro 14% nos próximos 50 anos, víronse retardados pola oposición de grupos ecoloxistas nos países dos que importaba a materia prima necesaria.

Indonesia comezou a limitar a exportación de area das súas illas en 2003 e en febreiro de 2007 prohibiu a súa venda sen excepcións. A medida deberá ser revisada cada seis meses e os Gobernos rexionais que se estaban beneficiando economicamente do tráfico de area están presionando para que o embargo sexa levantado. Os ecoloxistas e os pescadores da zona oponse asegurando que os proxectos destruíran as reservas de pesca, corais, arrasaran praias e bloquearan as saídas ao mar de ríos de vital importancia.

A noticia do corte de subministración por parte de Indonesia foi aproveitada rapidamente por outros países da rexión como Myanmar, que podería converterse nun novo subministrador. A proba de que a falta de area está lonxe de supor un problema para Singapur está nas obras que levan a cabo en diferentes puntos da súa costa.

Un novo centro urbano está sendo construído en terra creada artificialmente sobre o mar xunto ao distrito financeiro. Os guindastres e camións traballan aumentado a superficie da península de Tuas, unha zona do suroeste da cidade-Estado onde os plans urbanísticos prevén unha inmensa zona industrial.

A pequena illa é hoxe 33 quilómetros cadrados maior do que era cando Raffles desembarcou nela no século XIX e todo indica que seguirá o seu avance imparable. "O futuro de Singapur depende diso", aseguran os seus líderes.

Conflitos[editar]

Cuns 700 quilómetros cadrados, Singapur é o máis pequeno dos países do sueste asiático e os seus líderes din ter dereito a expandirse dentro das súas augas territoriais da mesma forma que o están facendo outras cidades como Hong Kong ou Dubai.

Pero en ningún outro cerco os proxectos de reclamación crearon unha crise parecida á que vive a rexión. Malaisia e Indonesia protestaron oficialmente ao considerar que os plans do seu veciño poderían cambiar as fronteiras do sueste asiático e prexudicar os seus intereses nacionais. Iacarta conta con 83 illas fronteirizas que serven para fixar os seus bordos nacionais.

Unha delas, Nipah, atópase fronte a un dos últimos proxectos de expansión de Singapur e áchase practicamente mergullada tras entregar gran parte da súa area ao seu veciño rico. ¿Cambia a nova situación as fronteiras entre ambos os países? Varios parlamentarios indonesios chegaron a asegurar que a venda de máis area a Singapur debería ser considerado un delito «de traizón á nación».

Malaisia tamén tomou as ambicións de Singapur como unha afronta patriótica. O Goberno de Kuala Lumpur denunciou que os traballos da illa poderían obstruír o paso de grandes buques a través do seu porto de Tanjung Pelepas. "A liña a través do estreito de Malaca estase estreitando pola expansión de terreo de Singapur", segundo Nada Faza Soraya, membro da Maritime Education Foundation, unha das organizacións que se opón ao crecemento de Singapur.

O primeiro asalto na batalla legal foi gañado pola cidade-Estado asiática. Unha corte internacional declarou en 2005 que os seus proxectos de expansión eran "legais".

Economía[editar]

Artigo principal: Economía de Singapur.

Singapur posúe unha economía de mercado libre e próspera, caracterizada por un contorno aberto e exento de corrupción. Ten prezos estables e un dos PIB per capita máis altos do mundo. A economía depende principalmente das exportacións, particularmente as do sector electrónico e industrial.

En 2001 a recesión mundial e a caída do sector tecnolóxico afectaron de xeito importante á economía do país (o PIB caeu un 2%). A epidemia de SRAS iniciouse en 2003, o que ampliou a recesión. Para contrarrestar esta retardación, o goberno puxo en marcha en decembro de 2001 un comité de vixilancia económica, cuxos resultados foron publicados en febreiro de 2003.

A refinería petroleira máis grande de Asia atópase en Singapur. Igualmente, Singapur posúe o porto marítimo que manexa maior volume de carga anual, tanto en tonelaxe como en número de colectores do mundo.

Aínda que Singapur sexa un país extremadamente pequeno, sen recursos naturais e sen espazo para a agricultura, a súa economía non para de medrar. Así como ocorre cos demais tigres asiáticos os principais produtos de exportación son máquinas e equipamentos electrónicos de última xeración.

Aínda que sexa unha potencia industrial e tecnolóxica, Singapur ten forte dependencia da importación de alimentos, enerxía e materias primas, alén dunha visible inestabilidade económica, unha vez que é un país extremadamente dependente de capital externo.

Os sectores de finanzas e de turismo tamén se teñen destacado moito. A bolsa de valores de Singapur é unha das máis importantes do mundo e o número de turistas, principalmente asiáticos, ten medrado de xeito sorprendente nos últimos anos.

Demografía[editar]

Despois de Mónaco, Singapur presenta a maior densidade de poboación do mundo. O 85% dos seus habitantes viven nas vivendas públicas chamadas HDB.

A diversidade étnica da poboación está moi marcada: os chineses representan o 76,8%; os Malaios o 13,9%, os indios o 7,9% e o resto proveñen de diversos países, principalmente occidentais.

Cultura[editar]

Catedral de Santo André.

Sendo Singapur unha pequena e relativamente moderna amálgama de poboamentos chineses, malaios e indios, non se pode dicir que haxa unha cultura especificamente singapuriana. Dun xeito enteiramente único, os varios grupos étnicos continúan a celebrar as súas propias culturas. Singapur é probabelmente o único lugar do mundo onde se pode atopar un casamento malaio a ter lugar lado a lado cun casamento chinés, por exemplo. Os feriados principais reflicten o xeito en que a cultura local celebra esta diversidade. Ao contrario de moitas outras sociedades multiculturais, os feriados públicos principais inclúen o Ano Novo do calendario xeorxiano, o ano novo chinés, o Hari Raya Haxi e o Deepavali.

Véxase tamén[editar]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: