Dinastía Han

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
A dinastía Han no ano 87 a.C.

A dinastía Han (chinés tradicional: 漢, chinés simplificado: 汉) gobernou China dende o 206 a. C. ata o 207 marcando un período de prosperidade económica e cultural e unha expansión territorial na Historia de China. Foi precedida pola dinastía Qin e seguíuna o período dos Tres Reinos.

Historia [editar]

O fundador foi Liu Bang, un xeneral que se fixo co poder tras a inestabilidade posterior ao falecemento do emperador Qin Shihuang. Liu Bang era ademais un importante terratenente que implantou unha nova forma de feudalismo. Rodeuse de sabios conselleiros e gañou prestixio intelectual por salvar da queima unha colección importante de libros antigos.

Sucedeulle o seu fillo Wendi que gobernou dende o 179 a. C. ao 157 a. de C.. Suavizou a severidade das leis e propiciou o ascenso do confucianismo. Viviu con sinxeleza afastado do luxo imperial tradicional.

No ano 140 a. de C. accedía ao poder o emperador Wudi. Marcou unha época de apoxeo caracterizada pola refinada crueldade, o esmagamento da aristocracia local, a expansión territorial en dura pugna cos xiongnu e unha hábil política de fornecemento de cereais e control dos prezos que evitaron as fames. Auspiciada polo letrado Dong Zhongshu se creou unha universidade imperial.

Trala súa morte seguiu un proceso de axitación política ata o toma do poder por Xuandi no ano 48.

No ano 9 agroma un paréntese co advenimento da dinastía Xin, pero a fame e as revoltas campesiñas dos cellas rubias acabou con ela. No ano 23 había xa un novo emperador Han chamado Guang Wudi que daba comezo á época dos Han orientais.

Apoxeo cultural [editar]

A corte foi centro de actividade intelectual, literaria, musical e artística. Desenvolveuse a poesía fu. Salientan os templos funerarios e os obxectos de terracota ou bronce, os parques e xardíns exóticos, as figuriñas que substituían aos sacrificios humanos. O difunto de sangue real era cuberto con placas de xade, que chegou a unha elaboración exquisita como pedra do ceo.

Ademais da creación dunha universidade propiciada polo letrado Dong Zongshu, salientou o historiador Sima Qian autor das Shiji ou Memorias históricas. Continuou o seu labor Ban Gu que escribiu o Han Shu que narra a historia da dinastía Han occidental.

O confucianismo impregnaou a mentalidade china e foi utilizado para fundamentar o poder dos emperadores.