Zheng He

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Zheng He
鄭和
郑和
Zheng He鄭和郑和
Nacemento: Data descoñecida
Yunnan
Falecemento: 1435
Ocupación: Explorador e diplomático.
Sinatura: ZhengHeIdeograms.jpg

Zheng He (chinés tradicional: 鄭和, chinés simplificado: 郑和 , Hanyu Pinyin: Zhèng Hé, Wade-Giles: Cheng Ho) tamén coñecido coma Ma Sambao, nado en 1371 e finado en 1435, foi un famoso militar, diplomático, mariñeiro, explorador chinés que realizou unhas viaxes colectivamente chamadas Eunuch Sanbao ao océano occidental (三保太監下西洋) ou Zheng He ao océano occidental, de 1405 a 1433.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Zheng He foi un eunuco musulmán de etnia Hui que serviu como confidente do emperador da China Yongle (gobernante de 1403 a 1424), o terceiro emperador da dinastía Ming. Chamado orixinalmente Ma Sanbao (馬 三保), procedía da provincia de Yunnan. Pertenceu á minoría Semur, orixinarios de Asia Central e practicantes do Islam. Tanto seu pai como seu avó viaxaran en peregrinación á Meca e Zheng He tería escoitado os relatos das súas viaxes a terras afastadas. Despois de que o exército Ming conquistara Yunnan foi cativado e castrado, converténdose así nun eunuco. O nome Zheng He púxollo o emperador. Estudou en Nanjing Taixue (Colexio Central Imperial). As súas misións exhibiron impresionantes demostracións da súa capacidade organizativa e poder tecnolóxico, pero non produciron grandes comercios xa que Zheng He foi un almirante e un oficial, non un mercador.

Zheng He navegou até Malaca no século XV e trouxo consigo unha princesa da China, a Princesa Hang Li Po. Ela tería que desposar o rei de Malaca. A princesa foi cos seus 1.500 servintes, os cales se asentaron eventualmente en Bukit Cina en Malaca. Os descendentes desta xente son coñecidos na actualidade como Baba (o título masculino) e Nyonya (o título feminino).

En 1424 o emperador Yongle faleceu. O seu sucesor, Hongxi (gobernante de 1424 a 1425), decidiu reprimir a influencia dos eunucos na corte. Zheng He realizou unha última viaxe baixo o goberno do emperador Xuande (gobernante de 1426 a 1435), pero despois diso as flotas de tesouro chinesas acabaron. A súa tumba está en Nanjing (outeiro de Niushou), e en 1985 foi restaurada. Tamén construíu os estaleiros de Nanjing, que aínda funcionan actualmente.

Viaxes[editar | editar a fonte]

Mapa das rutas das súas viaxes ao Océano occidental.

"O océano occidental" refírese aos lugares en Asia e África que Zheng He explorou, incluíndo:

O número das súas viaxes varía dependendo do método de división, pero explorou como mínimo sete veces cara "o océano occidental" coa súa flota. A súa escuadra consistía nuns 30.000 homes e setenta naves. Levou a China moitos trofeos e embaixadores de máis de trinta reinos, incluíndo Alagonakkara de Ceilán, quen foi a China a se desculpar co emperador. A revista Life situou a Zheng He no posto 14 das persoas máis importantes do último milenio.

Primeira Viaxe[editar | editar a fonte]

A súa primeira expedición zarpou no outono do ano 1405 con aproximadamente 317 barcos. Recalaron en Fujian, na desembocadura do rio Min, onde realizaron reparacións e partiron cara Champa (actual Vietnam) e, posteriormente, Palenbang (Sumatra). Tamén visitaron Xava e Ceilán, onde segundo as crónicas chinesas non recibiron boa acollida. Finalmente chegaron ao seu destino, Calicut, cidade estado da India coñecida como a Cidade das especies.

Tras intercambios comerciais a flota partiu de regreso a China en abril de 1407, tivo problemas cos piratas na viaxe de volta, enfrontándose e capturando ao pirata Chen Zuyi.

Segunda Viaxe[editar | editar a fonte]

Ao pouco do regreso da primeira viaxe o emperador Yongle ordenou que se organizara outra nova expedición, co fin de devolver aos seus respectivos lugar de orixe aos diplomáticos estranxeiros que chegaran a China na anterior expedición. Nesta viaxe non se sabe con seguridade se participou Zheng He ou permaneceu supervisando a reparación do templo de Tianfei en Meizhou. No caso da súa ausencia a expedición debeu ser comandada polos eunucos Wang Jinghong e Hou Xian.

A flota formada por 68 barcos zarpou a finais de 1407 ou comezos de 1408, o reducido tamaño comparada ca primeira viaxe debeuse a que se valorou que non era preciso levar tantos navíos de guerra. A ruta foi similar á anterior, visitando Siam, Xava, Delhi, Ahceh, Cochin e Calicut. Tivo sobre todo carácter diplomático máis que comercial, intervindo nas disputas entre siameses e Khemeres e na elección do novo Zamurin (Rei) de Calicut: Mana Vikrana.

Terceira viaxe[editar | editar a fonte]

Torre de Porcelana de Nankín, cuxa construcción comezou trala terceira viaxe de Zheng He cos beneficios do comercio.

A terceira expedición por mar comezou en 1409 cunha flota de 48 barcos, sendo os principais comandantes o propio Zheng He e os xa nomeados Wang Jinghong e Hou Xian. O transcurso desta viaxe foi documentada polo cronista Fei Xin, na que participou.

Realizaron unha breve parada en Taiping e despois seguiron ata Champa e Temasek (actual Singapur), posteriormente chegaron a Malaka con obxetivos diplomáticos para manter o equilibrio de poder na zona comprendida entre Malaka, Siam e Xava. Seguiron ata Semidera (Sumatra) e chegaron ata Ceilán. Porén a pesar das manobras diplomáticas e as mostras de respeto polas diferentes relixións predominantes na illa (Hinduísmo, Islam e Budismo) tiveron que volver aos barcos tras unha breve escaramuza con cingaleses de Alakeswara, que ambicionaba o trono do rei Vijaya Bahu VI.

A flota seguiu o percorrido ata Quilon, Cochín e Calicut, á volta decidiron vengar o agravio recibido na illa de Ceilan, porén hai dúas versións sobre o acontecido.

  • As crónicas chinesas expoñen que Alakeswara, solicitou a Zheng He o pago dun tributo, ao que este se negou. Polo que Alakeswara enviou contra o emisario chinés un exército de 50.000 soldados para cortar as comunicacións entre este e o seu exército de 2000 soldados e a súa flota, este entón decidiu marchar na outra dirección e tomar a capital e capturar a Alakeswara, tras este movemento puido avanzar sen problema ata a costa e levar ao seu prisioneiro a Nankín, onde se lle perdonou pola súa ignorancia. Porén as crónicas non son algo confusas ata o límite de que non se ten claro que foi Alakeswara, o rei Vijaya Bahu VI ou os dous quenes foron levados a Nankín.
  • Pola outra parte a versión cingalesa é que Zheng He aliouse con Alakeswara para depoñer ao rei Vijaya Bahu VI, polo que sería este quen sería trasladado a China trala súa derrota. Cando o rei derrotado regresou a Ceilán foi asasinado en segredo por Alakeswara, que se convertiu en soberano da illa.

En 1412, co diñeiro obtivo do comercio aberto con estas viaxes, iniciouse a construcción da Torre de porcelana de Nankín, de case oitenta metros de alto, esta torre foi destruída durante a revolta Taiping de 1856.

Ecos culturais[editar | editar a fonte]

Unha recente teoría controversial levada a cabo por Gavin Menzies suxire que Zheng He circunnavegou o globo e descubriu América no século XV, anteriormente a Fernão de Magalhães e Cristóbal Colón. Esta hipótese de 1421 encontrou pouco apoio entre historiadores.

Descendentes[editar | editar a fonte]

Coma eunuco castrado antes da puberdade Zheng He non tivo descendencia biolóxica, porén adoptou a Zheng Haozhao, un dos seus sobriños. A pesar de que non puido herdar os títulos do seu pai adoptivo si que o puido facer cas propiedades e bens materiais.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Zheng He

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]