Musulmán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pregaria no Cairo, obra de Jean-Léon Gérôme (1865)
Poboación musulmana mundial por porcentaxe (Pew Research Center, 2009).

Musulmán é quen profesa o islam, unha relixión abrahámica monoteísta baseada no Corán, que os musulmáns consideran a palabra literal de Deus revelada ao profeta Mahoma, e, con menor autoridade que o Corán, os ensinos e prácticas atribuídas tradicionalmente a Mahoma. «Musulmán» (en árabe, مسلم) é unha palabra árabe que significa «o que se somete a Deus».

Os musulmáns cren que non hai máis ca un único e verdadeiro Deus que se coñece co nome de Alá. Deus é eterno, trascendente, absolutamente un (a doutrina do tawhid, ou o monoteísmo estrito ou simple), e incomparable, e é autosuficiente, que non procrea nin foi procreado. As crenzas musulmás respecto de Deus resúmense no capítulo 112 do Corán, coñecido como Al-Ikhlas ou «o capítulo da pureza». Os musulmáns tamén cren que o Islam é a versión completa e universal dunha fe primordial que se revelou en moitos momentos e lugares antes, incluíndo os profetas Abraham, Moisés e Xesús.[1] Os musulmáns sosteñen que as mensaxes anteriores e as revelacións foron parcialmente modificados ou danados co tempo,[2] pero consideran o Corán como inalterado e a revelación última de Deus.[3]

A maioría dos musulmáns aceptan como musulmán a quen pronuncie públicamente a xahada (profesión de fe) que di: "Non hai ningunha divindade excepto Deus e Muhammad é o profeta de Deus". Tamén creen que Mahoma é o "Selo dos Profetas» e o último profeta. As súas prácticas relixiosas básicas se enumeran nos cinco alicerces do Islam, que, ademais da xahada, consisten en oracións diarias (salat), a esmola (zakat), o xaxún durante o Ramadán (Sawm), e a peregrinación á Meca ( hajj) polo menos unha vez na vida.[4][5]

A maioría dos musulmáns son sunnitas, representando entre un 75 e 90% de todos os musulmáns.[6] A segunda corrente máis grande, é o xiísmo, e representa entre un 10 e 20% dos musulmáns.[7] O país con máis musulmáns é Indonesia, onde vive o 12,7% de musulmáns do mundo, seguido por Paquistán (11,0%), Bangladesh (9,2%) e Exipto (4,9%).[8] Tamén se atopan minorías importantes na India, China, Rusia, Etiopía, América, Australia e partes de Europa. Con preto de 1,8 mil millóns de seguidores, o 26% da poboación mundial,[9][10][11][12] O Islam e con ela os musulmáns é a segunda relixión máis grande e unha das que crece máis rápidamente no mundo.[13][14][15]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "People of the Book" (en inglés). Islam: Empire of Faith. PBS. http://www.pbs.org/empires/islam/faithpeople.html. Consultado o 25/04/2014.
  2. Hava Lazarus-Yafeh. Tahrif (Encyclopaedia of Islam Online).
  3. Submission.org, Quran: The Final Testament, Authorized English Version with Arabic Text, Revised Edition IV,ISBN 0-9729209-2-7, p. x.
  4. Richard, Hooker (14 xullo 1999). "arkan ad-din the five pillars of religion" (en inglés). United States: Washington State University. Arquivado do orixinal o 2010-12-03. http://web.archive.org/web/20101203124633/http://www.wsu.edu/~dee/GLOSSARY/5PILLARS.HTM. Consultado o 25/04/2014.
  5. "Religions" (en inglés). The World Factbook. United States: Central Intelligence Agency. 2010. https://www.cia.gov/library/publications/the-world-factbook/fields/2122.html. Consultado o 25/04/2014.
  6. Véxase:
  7. Véxase:
  8. "Number of Muslim by country". nationmaster.com. http://www.nationmaster.com/graph/rel_isl_num_of_mus-religion-islam-number-of-muslim.
  9. Nearly 1 in 4 people worldwide is Muslim, report says, CNN
  10. Miller, Tracy, ed. (10 2009) (PDF). Mapping the Global Muslim Population: A Report on the Size and Distribution of the World’s Muslim Population. Pew Research Center. pp. 8–9, 17–19. http://pewforum.org/Muslim/Mapping-the-Global-Muslim-Population.aspx.
  11. "The World Factbook". CIA Factbook. https://www.cia.gov/library/publications/the-world-factbook/geos/xx.html. Consultado o 2010-12-08.
  12. 2010 World Muslim Population pdf Dr. Houssain Kettani January 2010
  13. Segons algunes fonts, és la tercera religió de més ràpid creixement després del zoroastrisme i la fe bahà'í en nombres relatius i segona en nombres absoluts després del cristianisme. Vegeu «Israel haven for new Bahai world order», «Fastest Growing Religion»
  14. "The List: The World's Fastest-Growing Religions". Foreign Policy. 14 maig 2007. http://www.foreignpolicy.com/story/cms.php?story_id=3835.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Musulmán