Kunming

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Kunming é unha cidade chinesa capital da provincia de Yunnan situada na meseta homónima do extremo meridional da República Popular China. A carón do lago Dian Chi goza dun clima temperado pola altitude (1.890 m) a pesares da súa latitude tropical. Centro industrial e comercial conta cunha poboación de máis de 3.000.000 de habitantes (2010 censo; 6.432.212 na municipalidade de 21.473 km2).

Aínda que nas beiras do lago Dian Chi houbo asentamentos dende o -279, a cidade chinesa foi unha fundación Han, que pasou definitivamente ao imperio chinés cos Yuan e Ming (s. XIII-XIV) cando se rodeou de murallas. O seu desenvolvemento veu coa construción de grandes complexos siderúrxicos e químicos despois de 1949.