Corea do Norte - 조선

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Corea do Norte")
조선민주주의인민공화국
Chosŏn Minjujuŭi Inmin Konghwaguk

República Popular e Democrática de Corea
Bandeira de Corea do Norte Escudo de Corea do Norte
Bandeira Escudo
Lema: 강성대국
(Coreano: Poderosa e próspera nación)
Himno nacional: Aegukka (애국가)
 
North Korea (orthographic projection).svg
 
Capital
 • Poboación
Pyongyang
3.255.388 (2008)
Cidade máis poboada Pyongyang
Linguas oficiais
Coreano

Forma de goberno Estado unitario juche
monopartidista
Kim Il-sung
Kim Jong-un
Choe Yong-rim
Independencia
• Declarada
• Liberación
• Declaración formal

1 de marzo de 1919
15 de agosto de 1945
9 de setembro de 1948
Superficie
 • Total
 • % auga
Fronteiras
Costas
Posto 98º
120.540 km²
4.87%
1.673 km
2.495 km
Poboación
 • Total
 • Densidade
Posto 51º
24.051.218 (2009 est.)
198,3 hab./km²
PIB (nominal)
 • Total (2009)
 • PIB per cápita
Posto 88º
US$ 28.200 millóns
US$ 1.244
PIB (PPA)
 • Total (2008)
 • PIB per cápita
Posto 94º
US$ 40.000 millóns
US$ 1.900
IDH (1998) 0,766 (75º) – Medio
Moeda Won (₩, KPW)
Xentilicio Norcoreano, norcoreana
Fuso horario UTC+9
Dominio de Internet .kp
Prefixo telefónico +850
Prefixo radiofónico P5A-P9Z / HMA-HMZ
Código ISO 408 / PRK / KP
Membro de: ONU
Tódolos países do mundo

Corea do Norte é un país asiático que ocupa a metade norte da Península de Corea. Ten fronteira ao norte con China e con Rusia; a leste co Mar do Xapón; ao sur con Corea do Sur e ao oeste coa Baía da Corea. A súa capital é Pyongyang.

Índice

Historia [editar]

Artigo principal: Historia de Corea do Norte.

A ocupación militar xaponesa de Corea terminou co fin da Segunda Guerra Mundial en 1945. Corea foi entón dividida en dous partes polo paralelo 38: a Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas (URSS) tomou o control da parte Norte, e o exército dos Estados Unidos da parte Sur. Isto conduciu a que en 1948 establecésense dous gobernos independentes no Norte e no Sur, cada un reclamando a súa soberanía sobre a totalidade de Corea.

As crecentes tensións entre os gobernos do Norte e do Sur desembocaron na Guerra de Corea cando o 25 de xuño de 1950 o exército de Corea do Norte cruzou o paralelo 38 (que actuaba de fronteira) e atacou. A guerra continuou ata o 27 de xullo de 1953, cando o Comité da Organización das Nacións Unidas (ONU), os voluntarios da República Popular China e Corea do Norte asinaron o armisticio da Guerra de Corea. Unha zona desmilitarizada foi establecida para separar aos dous países.

Corea do Norte foi dirixida desde 1948 por Kim Il Sung ata a súa morte o 8 de xullo de 1994. Despois, o 8 de outubro de 1997, o seu fillo Kim Jong-il foi nomeado Secretario Xeral do Partido dos Traballadores Coreanos. En 1998, foi nomeado Presidente da Comisión Nacional de Defensa e a súa posición foi declarada como "o cargo máis alto do Estado". Xeralmente as relacións internacionais melloraron. Ata houbo un cume Norte-Sur histórica en xuño de 2000. Con todo, as tensións volveron a facerse visibles coa continuación por parte de Corea do Norte do seu programa de armas nucleares.

Durante o mandato de Kim Jong-il a finais da década dos noventa, a economía do país descendeu considerablemente e a escaseza de comida fíxose evidente en numerosas áreas. Segundo algunhas organizacións de axuda, un descoñecido pero gran número de persoas (algunhas cifran o número ao redor dos tres millóns; "The Economist" estima que entre 600.000 e 1.000.000) morreron como consecuencia da fame negra norcoreana de 1995-98, intensificada por un colapso no sistema de distribución de comida. Numerosos norcoreanos penetraron ilegalmente en China en busca de alimentos. Corea do Norte é un dos sitios máis illados do mundo, con severas restricións na entrada ou saída do país. A prensa é controlada polo Estado e organizacións de masas, e a ideoloxía Juche, que consiste en non depender dos demais, é a oficial do goberno.

Nos últimos anos, o seu programa nuclear desatou polémica entre os estados nucleares, particularmente Estados Unidos, polos obxectivos do seu desenvolvemento militar. Mentres que o goberno norcoreano argumenta que o desenvolvemento de armamento nuclear ten unha finalidade disuasiva e de eventual defensa, a administración estadounidense e a Unión Europea consideran ilegal a tenencia de material bélico atómico por parte de Corea do Norte.

Situación Política [editar]

A República Democrática Popular da Corea é unha ditadura comunista rixidamente centralizada a través do Partido dos Traballadores de Corea, único permitido, aínda que todo o poder está concentrado nunha soa persoa , Kim Il Sung dende o final da década de 1940 ata súa morte o 1994, e que é agora o seu fillo, Kim Jong Il.

División Administrativa [editar]

A Corea do Norte está subdividida en 9 provincias, 3 cidades controladas directamente polo goberno central e algunhas outras rexións especiais.

Listaxe Cidade Provincia Pob. Listaxe
Pyongyang-feb-2009.jpg
Pyongyang
Hamhung North Korea.jpg
Hamhung
Chongjin.jpg
Congjin
1 Pyongyang Cidade de Pyongyang 3.255.288
2 Hamhung Hamgyong do Sur 768.551
3 Chongjin Hamgyong do Norte 667.929
4 Nampho Pyongan do Sur 366.815
5 Wonsan Kangwon 363.127
6 Sinuiju Pyongan do Norte 359.341
7 Tanchon Hamgyong do Sur 345.875
8 Kaechon Pyongan do Sur 319.554
9 Kaesong Hwanghae do Norte 308.440
10 Sariwon Hwanghae do Norte 307.764
Datos do censo de 2008[1]



Xeografía [editar]

Artigo principal: Xeografía de Corea do Norte.

Corea do Norte atópase na metade norte, a partir do paralelo 38, da península de Corea. Está bordeada por dous mares, ao occidente polo Mar Amarelo e a baia de Corea; e ao oriente polo Mar do Leste. O seu terreo presenta numerosas serras e montañas, separadas por profundos e estreitos vales. Na costa oeste predominan as chairas. O punto máis alto do país é o pico do monte Paektu coñecido en Corea do Norte como "Paektu-san", a 2774 msnm. Entre os ríos máis importantes atópanse o Tumen e o Yalu, os cales forman a fronteira norte con China.

O clima local é tépedo, sendo a época con máis precipitacións o verán, durante unha estación de choivas denominada jangma. Os invernos poden ser moi fortes.

A cidade máis grande de Corea do Norte é o seu capital, Pyongyang (ou P'yŏngyang). Outras cidades a destacar son: Kaesŏng, no sur; Sinuiju, no noroeste; Wŏnsan e Hamhung no leste; e Ch'ŏngjin no nordés.

O territorio é montañoso, con cordilleiras cubertas por bosques ao leste, sobre o litoral do Mar do Xapón.

Economía [editar]

Artigo principal: Economía de Corea do Norte.

Corea do Norte ten unha economía dirixida ó estilo soviético. As relacións económicas co estranxeiro son mínimas e o país recibe axuda alimentaria da ONU. Relatos de fame en masa son comúns.

Cultura [editar]

Artigo principal: Cultura de Corea do Norte.

En Corea do Norte a cultura tradicional é especialmente protexida. O nivel de alfabetización é case total (99% homes e 99% mulleres). A liberdade relixiosa é un dereito constitucional en Corea do Norte. As relixións máis comúns son o budismo, o confucianismo, o chondokio (que combina elementos budistas e cristiáns), e nas rexións interiores, cultos chamánicos tradicionais. É unha cultura moi variada en canto ás súas culturas descendentes da China.

Turismo [editar]

Na República Popular Democrática de Corea, os artigos como plantas, animais, drogas, explosivos, armas, calquera tipo de pornografía, propaganda de masas, radio, sistema de posicionamento global (GPS) e teléfonos móbiles non están permitidos.

Permítense cámaras de fotos (analóxicas ou dixitais), cámaras de vídeo, computadoras portátiles (que non inclúan dispositivos de comunicación por radio ou inalámbricos), computadores de man e reprodutores de discos compactos ou de formato MP3.

Viaxar desde o estranxeiro pode resultar complicado; existen poucos países con representación diplomática norcoreana e só algunhas axencias autorizadas poden organizar viaxes.

Notas [editar]

Ligazóns externas [editar]