Tianjin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 39°08′N 117°11′E / 39.133°N 117.183°E / 39.133; 117.183

Tianjin montage.jpg
China Tianjin.svg

Tianjin é unha cidade da República Popular China, no nordés do país preto da capital Beijing, á beira do río Hai He a 40 quilómetros da súa desembocadura no golfo de Bo Hai no mar Amarelo. Constitúe unha das catro municipalidades con rango de provincia nas que a administración depende directamente do goberno central (Tianjin Shi, con 9.848.731 habitantes no ano 2000, de 11.632km²).

Os seus comezos foron unidos á apertura da Gran Canle coa dinastía Sui (605-618), e así chamouse Zhiju (porto dereito) ata o século XV. No 1404, tralo traslado da capital de China a Pequín, o emperador Yongle da dinastía Ming, decidiu a construción do forte Tianjin Wei no lugar por onde vadeaba o río. De aí o nome Tianjin (vado celestial). Despois, ergueu unha muralla en torno a cidade vella (1425).

Trala derrota chinesa nas Guerras do Opio (metade do XIX), as potencias mundiais esixiron a apertura de portos ao comercio estranxeiro, sendo Tianjin un dos elixidos. A cidade expandiuse fóra das murallas ás dúas beiras do río Hai He augas abaixo, nunha serie de concesións (xaponesa, francesa, británica e alemá polo oeste; e austrohúngara, italiana e rusa polo leste) que marcarán as peculariedades arquitetónicas destes barrios e o cosmopolitismo da cidade.

No presente, Tianjin funciona de facto coma o porto (en Tanggu), área industrial (a segunda do país tras Shanghai) e nó de comunicacións da capital Beijing.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]