Azulexo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Parede azulexada en El-Hedine, Marrocos

O termo azulexo, do árabe الزليج az-zulaiŷ (pedra pulida), designa unha peza de cerámica de pouca espesura, xeralmente cadrada, en que unha das faces é vidrada, resultado da cocedura dunha substancia á base de esmalte que se torna impermeábel e brillante. Esta face pode ser monocromática ou policromática, lisa ou en relevo. O azulexo é xeralmente usado en grande número como elemento asociado á arquitectura e á decoración en revestimento de superficies interiores ou exteriores polo seu valor decorativo e mais por súas características termoaillantes e impermeabilizantes