Dinastía Ming

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
大明
Imperio do Gran Ming

13681644
 

 

 

Máxima extensión da China Ming baixo o reinado do Emperador Yongle.
Capital Nanjing (prefectura de Yingtian)
(1368–1644)[1]
Beijing (prefectura de Shuntian)
(1403–1644)[2][3]
Lingua Lingua oficial:
Chinés Guanhua
Outros dialectos do chinés:
Wu, Yue, Min, Xiang, Hakka, Gan
Outras linguas:
Uyghur, Tibetano, Mongolian, outras
Relixión Taoísmo
Confucianismo
Budismo
Relixión tradicional chinesa
Islam
Goberno Monarquía absoluta
Emperador (皇帝)
 • 13681398 Emperador Hongwu
 • 16271644 Emperador Chongzhen
Historia
 • Establecemento en Nanjing 1368
Superficie
 • 1415[4] 6,500,000 km²
Poboación
 • 1393 est. 65,000,000 
 • 1403 est. 66,598,337¹ 
 • 1500 est. 125,000,000² 
 • 1600 est. 160,000,000³ 
Moeda Bimetálica:
Moedas de cobre (文, wén) nas cadeas de moeda e papel moeda.
Os restos da Dinastía Ming gobernou o sur de china ata 1662, un período dinástico coñecido como Dinastía Ming do Sur.
¹As cifras baséanse en estimacións feitas por CJ Peers en Late Imperial Chinese Armies: 1520–1840
²Segundo A. G. Frank, ReOrient: global economy in the Asian Age, 1998, p. 109
³Segundo A. Maddison, The World Economy Volume 1: A Millennial Perspective Volume 2, 2007, p. 238

A Dinastía Ming (en chinés 明朝; pinyin: Ming Chao), tamén coñecida como Imperio do Gran Ming (en chinés tradicional 大明国, en chinés simplificado 大明国; pinyin Da Ming Guo), foi a penúltima dinastía gobernante en China e que gobernou durante 276 anos (entre 1368 e 1644) trala caída do Imperio Mongol liderado pola dinastía Yuan. A Ming, foi descrita por algúns como "unha das máis grandes épocas de orde de goberno e estabilidade social da historia humana",[5] foi a derradeira dinastía de China rexida pola etnia Han. Aínda que a primeira capital Beijing caeu en 1644 a causa dunha rebelión encabezada por Li Zicheng (quen estableceu a Dinastía Shun, pronto remprazada pola Dinastía Qing, de orixe Manchú), os rexímenes leais aos Ming, chamados no seu conxunto Dinastía Ming do Sur, sobreviviron ata 1662.

Historia[editar | editar a fonte]

Rebelión ante a dinastía Yuan[editar | editar a fonte]

A Dinastía Yuan (1271-1368), establecida en China trala invasión mongola dirixida por Kublai Kan, sufría unha profunda crise nos últimos anos do seu goberno, a causa dos problemas na sociedade derivados da grave discriminación institucional dos Han, os altos impostos e inflacción e ás graves inundacións do Río Amarelo agravadas polo abandono dos proxectos de irrigación. Neste clima comezou a revolta entre os agricultores que foran chamados para reparar os diques do Río amarelo.

Así moitos grupos Han levantaronse en rebeldía en 1351, entre eles os Turbantes Vermellos. Estes estaban afiliados ao Loto Branco, unha sociedade secreta budista. Zhu Yuanzhang era un agricultor budista que se uniu a este grupo en 1352 e se forxou unha gran reputación, casando tamén ca filla dun comandante rebelde. En 1356 as tropas de Zhu tomaron a cidade de Nankín, que sería a capital Ming.

Tralo desmoronamento da Dinastía Yuan os grupos rebeldes comezaron a loitar entre si polo control do país. No ano 1363 Zhu Yuanzhang enfrontouse ao seu enemigo máis prominente, o lider da facción rebelde Chen Youliang, na batalla do lago Poyang. Na que, grazas ao uso de brulotes, Zhu saiu vencedor ante unha armada que o superaba en número. Esta importante victoria deixouno como dono do val do Yangtzé, e tras outras victorias militares e políticas, como a morte do xefe dos Turbantes Vermellos cando era hóspede de Zhu en 1367 fixo públicas as súas ambicións imperiais. Enviou entón o seu exército á capital Yuan, Dadu (actual Beijing) en 1368, o último emperador Yuan fuxiu ao norte, porén Zhu Yuanzhang arrasou o pazo imperial, renomeou a cidade coma Beiping e coroouse emperador co nome de Hongwu (Extremadamente militar, en chinés).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Capital logo de 1403; capital secundaria logo de 1421.
  2. Capital secundaria ata 1421; capital dende esa data.
  3. As capitais no exilio da Dinastía Ming do Sur foron Nanjing (1644), Fuzhou (1645–6), Guangzhou (1646–7), Zhaoqing (1646–52).
  4. Turchin, Peter; Adams, Jonathan M.; Hall, Thomas D (December 2006). "East-West Orientation of Historical Empires". Journal of world-systems research 12 (2): 219–229. ISSN 1076–156x. http://jwsr.ucr.edu/archive/vol12/number2/pdf/jwsr-v12n2-tah.pdf. Consultado o 12 August 2010. 
  5. Edwin Oldfather Reischauer, John King Fairbank, Albert M. Craig (1960) A history of East Asian civilization, Volume 1. East Asia: The Great Tradition, George Allen & Unwin Ltd.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Dinastía Ming
P history.svg
A Galipedia ten un portal sobre:

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Needham, Joseph (1986). Science and Civilization in China: Volume 6, Biology and Biological Technology, Part 2: Agriculture. Taipei: Caves Books, Ltd.
  • Norbu, Dawa. (2001). China's Tibet Policy. Richmond: Curzon. ISBN 0-7007-0474-4.
  • Nowell, Charles E. "The Discovery of the Pacific: A Suggested Change of Approach," The Pacific Historical Review (Volume XVI, Number 1; February, 1947): 1–10.
  • Perdue, Peter C. (2000). "Culture, History, and Imperial Chinese Strategy: Legacies of the Qing Conquests," in Warfare in Chinese History, 252–287, edited by Hans van de Ven. Leiden: Koninklijke Brill. ISBN 90-04-11774-1.
  • Pfoundes, C. "Notes on the History of Eastern Adventure, Exploration, and Discovery, and Foreign Intercourse with Japan," Transactions of the Royal Historical Society (Volume X; 1882): 82–92.
  • Robinson, David M. "Banditry and the Subversion of State Authority in China: The Capital Region during the Middle Ming Period (1450–1525)," Journal of Social History (Spring 2000): 527–563.
  • Robinson, David M. "Politics, Force and Ethnicity in Ming China: Mongols and the Abortive Coup of 1461," Harvard Journal of Asiatic Studies (Volume 59, Number 1, June 1999): 79–123.
  • Schafer, Edward H. "The Development of Bathing Customs in Ancient and Medieval China and the History of the Floriate Clear Palace," Journal of the American Oriental Society (Volume 76, Number 2, 1956): 57–82.
  • Song, Yingxing (1966). T'ien-Kung K'ai-Wu: Chinese Technology in the Seventeenth Century. Translated with preface by E-Tu Zen Sun and Shiou-Chuan Sun University Park: Pennsylvania State University Press.
  • Spence, Jonathan D. (1999). The Search For Modern China; Second Edition. New York: W. W. Norton & Company. ISBN 0-393-97351-4 (Paperback).
  • Sperling, Elliot. (2003). "The 5th Karma-pa and some aspects of the relationship between Tibet and the Early Ming," in The History of Tibet: Volume 2, The Medieval Period: c. AD 850–1895, the Development of Buddhist Paramountcy, 473–482, ed. Alex McKay. New York: Routledge. ISBN 0-415-30842-9.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]