Subespecie
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
En bioloxía denomínase subespecie a cada un dos grupos nos que se dividen as especies, e que se compoñen de individuos que, ademais dos caracteres propios da mesma, teñen en común outros caracteres morfolóxicos polos cales aseméllanse entre si e distínguense dos das demais subespecies. Dende o punto de vista estritamente sistemático ou da taxonomía, é a categoría taxonómica comprendida entre a especie e a raza.
A subespecie é unha parte da especie formada por unha ou máis poboacións, pouco diferenciadas e cunha distribución xeográfica concreta. Esta definición inclúe as razas xeográficas de moitos autores ('Rassenkreis'). Con todo, non está moi clara a líña de separación entre os conceptos de raza e subespecie, pois ambos taxons manteñen as características propias da especie, é dicir, que parellas de individuos de distintas subespecies ou razas (pero da mesma especie) poden emparentar e producir descendencia viábel e fértil; e só acostuman diferenciarse en caracteres externos menores aínda que recoñecibles e regularmente presentes. O termo raza utilízase con máis frecuencia fóra do ámbito científico, polo que, en taxonomía, só se emprega (por costume) para a distinción morfolóxica nun número moi limitado de especies, esencialmente os seres humanos e os animais domésticos.
[editar] Véxase tamén
[editar] Outros artigos
|
|
|
|---|---|
| Conceptos base | Sistemática · Taxonomía · Cladística · Clasificación científica · Filoxenia |
| Taxa | Dominio · Reino · Filo · División · Clase · Orde · Familia · Xénero · Especie · Subespecie · Cultivar |
| Conceptos asociados | Organismo · Taxon · Clado · Fenética · Árbore filoxenética · Orixe común · Taxonomía de Lineu · Zootaxonomía · Sistema dos Tres Dominios · Tipo |
| Normas | Nomenclatura binomial · Código Internacional de Nomenclatura Botánica · Código Internacional de Nomenclatura Zoolóxica · Código Internacional de Nomenclatura de Bacterias · Código Internacional de Nomenclatura de Plantas Cultivadas · Clasificación dos virus · PhyloCode · BioCode |