Dalian

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 38°55′15″N 121°38′21″E / 38.92083°N 121.63917°E / 38.92083; 121.63917

Dalian Montage.png

Dalian (大连 en chinés simplificado; 大連 en chinés tradicional; Dàlián en pinyin) é unha cidade do nordeste de China situada no extremo meridional da Península de Liaodong pertencente a provincia de Liaoning no sur de Manchuria. A súa poboación urbana é de 3.120.000 habitantes, chegando ós 6.200.000 coa interurbana.

Posúe o máis importante porto desta parte de China, sitúase na beira do Mar Amarelo entre a Baía de Corea e o golfo de Bo Hai. É a saída natural da potente rexión industrial manchú é do petróleo dos xacementos de Daqin, no norte.

Pequeno pobo de pescadores ata 1899, baixo o dominio ruso da zona converteuse en moderno porto comercial co nome de Dalny, é proseguiu o seu desenvolvemento co control xaponés entre 1905 e a IIGM cun novo nome, Dairen. Recuperada a plena soberanía por China dende 1955, tense convertido ademais en importante centro industrial.

No seus límites administrativos, vinte quilómetros ao sudoeste está o histórico porto de Lüshun (Port Arthur), con máis de dous milenios de historia, importante base naval, que xunto con Dalian conforman a aglomeración urbana chamada Lüda.


Ver Historia urbana de Dalian.