Xogos Olímpicos de 2008

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xogos da XXIX Olimpíada
LogoBeijing2008.jpg
Beijing 2008
Estados Participantes 204
Atletas 11.028
Eventos 302 en 28 deportes
Cerimonia de Apertura 8 de agosto
Cerimonia de Clausura 24 de agosto
Apertura oficial Hu Jintao
Xuramento do Atleta Zhang Yining
Facho Olímpico Li Ning
Local Estadio Nacional de Beijing

Os Xogos Olímpicos de Beijing 2008 (oficialmente denominados Xogos da XXIX Olimpíada) tiveron lugar na cidade de Beijing, capital da República Popular China, entre o 8 e o 24 de agosto de 2008, aínda que o torneo de fútbol comenzou dous días antes, o 6 de agosto. Ao concluír o evento, levarán a cabo os XIII Xogos Paralímpicos, os cales comezarán a partir do 6 de setembro, sendo realizados na mesma cidade, e concluirán o 17 do mesmo mes.

O evento deportivo contou con 302 probas en 28 deportes[1] nas que, segundo estimacións, participaron uns 10.500 atletas de 204 países. Ademais de Beijing, algunhas das probas deportivas tiveron lugar noutras cidades de China. O torneo de fútbol tivo lugar nas cidades cidades de Qinhuangdao, Tianjin, Shenyang e Shanghai, namentres as regatas de vela e as probas de hípica efectuáronse no porto de Qingdao e no de Hong Kong, respectivamente.

Os Xogos Olímpicos de Beijing 2008 tiveron un custo que podería superar os 41.000 millóns de dólares, case triplicando o orzamento final do seu antecesor, os Xogos Olímpicos de Atenas 2004, converténdose no evento máis custoso da historia olímpica.[2] A organización deste evento enfrontou diversos problemas dende a súa elección, o 13 de xullo de 2001, especialmente polos problemas de contaminación atmosférica que enfronta a cidade sede e polas acusacións de violacións aos dereitos humanos que recibiu o réxime chinés por parte importante da comunidade internacional, xerando diversas protestas que afectaron o percorrido do facho olímpico. O goberno da China promocionou os xogos co obxectivo de destacar a importancia e influencias do país no resto do mundo.[3]

Índice

[editar] Proceso de candidatura

Aínda que as candidaturas de París e Toronto eran mellores, o COI estaba interesado en que os Xogos se celebrasen na China, o país máis poboado do planeta. Esta decisión foi moi discutida polas violacións de China aos dereitos humanos. Para silenciar estas queixas, elixiuse como lema: Novo Beijing, Grandes Xogos para enfatizar o troco de ideais do país para o novo milenio.

112º Sesión do Comité Olímpico Internacional
13 de xullo de 2001, Moscova, Rusia
Cidade País Votación
Flag of the People's Republic of China.svg Beijing China 44 56
Flag of Canada.svg Toronto Canadá 20 22
Flag of France.svg París Francia 15 18
Flag of Turkey.svg Istambul Turquía 17 9
Flag of Japan.svg Osaka Xapón 6 -

[editar] Sedes e instalacións deportivas

Mapa de localización dos recintos olímpicos en Beijing
Estadio Nacional (chamado Niño de paxaro), sede principal dos Xogos Olímpicos
Centro Acuático Nacional de Beijing (chamado Cubo de auga)

O Goberno chinés e o Comité Organizador dos Xogos construíron ou renovaron 36 recintos deportivos, así como 59 centros de adestramento.

En Beijing construíronse doce novas instalacións, entre as que sobresae o Estadio Nacional e o Centro Acuático. Dez instalacións existentes renováronse e acondicionáronse para a cita olímpica. Así mesmo erguéronse oito instalacións temporais, que ao final dos Xogos serán retiradas ou reconvertidas. Ademais contarase cun circuíto urbano para a maratón e as probas de marcha, e un circuíto tanto na cidade como nos arredores para as competicións de ciclismo en ruta.

Nas outras cidades sedes remodeláronse catro estadios, mellorouse o Centro Hípico de Hong Kong e acondicionouse o porto de Qingdao para as regatas de vela.

[editar] En Beijing

Construcións novas:

Recintos existentes:

Recintos temporais:

[editar] Fóra de Beijing

[editar] Calendario

Nos Xogos Olímpicos de Beijing leváronse a cabo 302 competicións en 28 deportes. Na táboa seguinte detállanse os días nos que se efectuaron as competicións de cada deporte, así como o número de finais por día que se celebraron.


Evento 06 07 08 09 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 TOT
Inauguración
Atletismo 3 4 5 6 5 3 7 6 7 1 47
Bádminton 1 2 2 5
Baloncesto 1 1 2
Balonmán 1 1 2
Béisbol 1 1
Boxeo 5 6 11
Ciclismo 1 1 2 2 1 1 3 3 1 1 1 1 18
Esgrima 1 1 1 1 1 2 1 1 1 10
Fútbol 1 1 2
Ximnasia 1 1 1 1 4 4 4 1 1 18
Halterofilia 1 2 2 2 2 2 1 1 1 1 15
Hípica 2 1 1 1 1 6
Hóquei sobre herba 1 1 2
Judo 2 2 2 2 2 2 2 14
Loita 2 2 3 2 2 2 2 3 18
Natación 4 4 4 4 4 4 4 4 1 1 2 3 2 2 2 1 46
Péntatlon Moderno 1 1 2
Piragüismo 2 2 6 6 16
Remo 7 7 14
Softbol 1 1
Taekwondo 2 2 2 2 8
Tenis 2 2 4
Tenis de mesa 1 1 1 1 4
Tiro 2 2 2 2 2 1 1 2 1 15
Tiro con arco 1 1 1 1 4
Tríatlon 1 1 2
Vela 2 1 2 2 2 2 11
Voleibol 1 1 1 1 4
Clausura
Agosto 06 07 08 09 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 TOT


[editar] Galegos nos Xogos

Todos os participantes galegos nos Xogos (14, dos cales dez eran homes e catro mulleres) fixérono dentro do equipo de España. Estes foron os seus nomes:

[editar] Política nos Xogos

Os Xogos Olímpicos de Beixín víronse embazados pola censura e por diversos conflitos políticos. A situación no Tíbet, provincia chinesa onde se reivindica un maior grao de autonomía, provocou unha vaga de solidariedade internacional que chegou a ameazar a presenza dalgúns xefes de estado e de goberno na cerimonia inaugural[6][7]. Ademais, o percorrido do facho olímpico arredor do mundo tivo que ser alterado, suspendido por veces e protexido con grandes medidas de seguridade en cidades como París, Londres ou San Francisco[8][9][10].

Para evitar protestas, prohibiuse que se exhibisen nos recintos olímpicos bandeiras de países que non estivesen competindo oficialmente[11].

A censura gobernamental sobre os contidos de internet mantívose en China durante o desenvolvemento dos Xogos, incluso para os xornalistas estranxeiros e para a comunidade olímpica[12]. O día 6 de agosto, dúas xornadas antes do comezo dos xogos, dous cidadáns británicos e dous estadounidenses foron detidos[13] por penduraren unha pancarta onde se reclamaba liberdade para o Tíbet, a pouca distancia do Estadio Olímpico.

[editar] Participantes

No tocante ó número de atletas, 11.883 atletas inscribíronse inicialmente (entre eles, os dous atletas de Brunei), pero só 10.902 atletas participaron efectivamente nos Juegos, excluindo a lesionados e descalificados. De estes, 6.294 eran hombres e 4.608 eran mulleres.

A taboa seguinte mostra ós países participantes nos Xogos Olímpicos de Pekín 2008 e o número de atletas representantes (en corchetes, o número de homes e de mulleres):

Listaxe de nacións participantes

</noinclude>, 5[4/1]

, 3 [2/1]

[editar] Medalleiro

O estadounidense Michael Phelps (no centro) gañou oito medallas de ouro nas probas de natación, convertíndose no deportista que obtivo máis medallas de ouro gañadas nun só evento olímpico e na historia dos Xogos.
Véxase o artigo Medalleiro dos Xogos Olímpicos de Beijing 2008.
Posición País Ouro Prata Bronce Total
1 Flag of the People's Republic of China.svg China (CHN) 47 17 26 90
2 Flag of the United States.svg Estados Unidos (USA) 31 36 36 103
3 Flag of Russia.svg Rusia (RUS) 19 20 23 62
4 Flag of the United Kingdom.svg Reino Unido (GBR) 18 13 13 44
5 Flag of Germany.svg Alemaña (GER) 14 9 13 36
6 Flag of Australia.svg Australia (AUS) 12 14 16 42
7 Flag of South Korea.svg Corea do Sur (KOR) 11 10 7 28
8 Flag of Japan.svg Xapón (JAP) 9 6 10 25
9 Flag of Italy.svg Italia (ITA) 7 8 10 25
10 Flag of the Netherlands.svg Países Baixos (NED) 7 5 4 16

[editar] Notas

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas


Olympic rings.svg
Xogos Olímpicos
Xogos Olímpicos de Verán: 1896 | 1900 | 1904 | 1906 | 1908 | 1912 | (1916) | 1920 | 1924 | 1928 | 1932 | 1936 | (1940) | (1944) | 1948 | 1952 | 1956 | 1960 | 1964 | 1968 | 1972 | 1976 | 1980 | 1984 | 1988 | 1992 | 1996 | 2000 | 2004 | 2008 | 2012 | 2016

Xogos Olímpicos de Inverno: 1924 | 1928 | 1932 | 1936 | (1940) | (1944) | 1948 | 1952 | 1956 | 1960 | 1964 | 1968 | 1972 | 1976 | 1980 | 1984 | 1988 | 1992 | 1994 | 1998 | 2002 | 2006 | 2010 | 2014 | 2018

Ferramentas persoais
Espazos de nomes
Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas