Territorio Británico do Océano Índico
| Territorio Británico do Océano Índico | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
O Territorio Británico do Océano Índico (BIOT- Das siglas en Ingles, ```British Indian Ocean Territory```) atopase no Océano Índico, aproximadamente a metade do camiño de África á Indonesia, en 6°S, 71°30'L.
O territorio abarca os seis atois do arquipélago de Chagos (फेहंद्वीप Phehandweep en hindi e outros idiomas da India do Norte, Paeikaana Theevukal பேகான தீவுகள் en tamil, Feyhandheebu ފޭހަންދީބު en dhivehi) con máis de 1.000 illas individuais (moi pequenas) cunha superficie total de 60 quilómetros cadrados.
A illa máis grande é Diego García (44 km²) ocupa unha posición estratéxica no centro do Océano Índico, toda ela é unha instalación militar conxunta do Reino Unido e os Estados Unidos. Tras o desaloxo da poboación nativa (chagosianos) na década de 1960, os únicos habitantes son o persoal militar de EE.UU. e Gran Bretaña e os contratistas asociados, que en conxunto suman ao redor de 4.000 (cifras de 2004).
Índice |
[editar] Historia
O Arquipélago de Chagos foi descuberto polo explorador español Diego García de Moguer en 1554, quen bautizou á maior das illas como Diego García.
O BIOT foi establecido como territorio do Reino Unido o 8 de novembro de 1965, agrupaba os Arquipélagos de Chagos, Aldabra, Farquhar e as illas Desroches . O 23 de xuño de 1976 Aldabra, Farquhar e Des Roches foron devoltos a Seixeles cando acadou a independencia. Consecuentemente, o BIOT somente esta constituido por un grupo de seis illas incluindo o Arquipélago de Chagos. A maior illa e máis ao sur, Diego García, acolle bases navais do Reino Unido e mailos EUA. Todalas illas restantes están desabitadas. Entre 1967 e 1973, os agricultores que anteriormente residian na illa foron mandados a illa Mauricio e ao arquipelago de Seixeles. En 2000, a suprema corte britanica anulou a orden de inmigración local que excluía os residentes do arquipélago, mais apoiou o estado militar especial de Diego García. O territorio do Reino Unido e administrado por un comisario que reside fora da illa, o representante do Comisionado no territorio é o oficial ao mando do destacamento de forzas británicas. A Defesa é responsabilidade do Reino Unido; os Estados Unidos arrendaron Diego García e o contrato vencerá en 2016. Entretanto, o Arquipélago de Chagos é reivindicado por Mauricio e por Seixeles.
[editar] Goberno e Politica
Como territorio do Reino Unido, a súa "cabeza de estado" é a Raiña Elizabeth II , e a "cabeza de goberno" é o Comisario Colin Roberts e a Administradora Joanne Yeadon, todos residentes no Reino Unido. Non se celebran eleccións; o monarca é hereditario, o comisario e o administrador son designados polo monarca.
[editar] Economía
Toda a atividade economica se concentra na illa Diego García onde están as instalcións de defesa do Reino Unido e dos EUA. Os aproximadamente 3.000 habitantes nativos, coñecidos como o Chagosians ou Ilois, foron evacuados para a illa Mauricio antes de construción dos complexos militares; en 1995, habia aproximadamente 1.700 militares americanos-ingleses e 1.500 civis vivendo na illa. Os proxectos de construción e outros servizos necesarios para manter as instalacións militares son feitos polos soldados e empregados contratados do Reino Unido, Mauricio, Filipinas, e EUA. Non hai nengunha atividade industrial ou agrícola nas illas. A concesión de licenzas de pesca comercial proporcionan un ingreso anual de ao redor de 1 millón de dólares para o territorio. Están disponibeis servizos de telefonia para o exército e para as necesidades públicas, providenciando todo o servizo tradicional de telefone comercial inclusive conexión con Internet; o servizo internacional é feito através de satélite. O Territorio ten tres estacións de radio, unha de AM e dúas FM, e unha estación de televisión.
[editar] Xeografía e Comunicación
O territorio é un arquipélago de 55 illas, a máis grande é Diego García, que representa case tres cuartas partes da superficie total do territorio, que é de 60 km². O terreo é plano e baixo, coa maioría de superficies que non excedan de 2 metros sobre o nivel do mar. O clima é tropical marítimo, cálido e húmido, e moderado polos ventos alisios. A maioría das illas non teñen estrada, Diego García ten unha pequena estrada pavimentada entre o porto e aeroporto, o medio de transporte maís común son as bicicletas. A base militar de Diego García ten o único aeroporto do territorio con varias pistas, a maior de 3000 metros de longo, é capaz de acoller bombardeiros como os moi pesados B-52 da USAF e o transbordador espacial no caso dunha misión abortada. Tamén Diego García posúe un importante porto.
|
||||||||
