Enerxía xeotérmica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A central eléctrica xeotermica de Nesjavellir, en Þingvellir (Islandia).
Enerxías renovables
Aeroxenerador
Biodiésel
Biomasa
Enerxía xeotérmica
Enerxía hidráulica
Enerxía solar
Enerxía mareomotriz
Enerxía undimotriz
Enerxía eólica

A enerxía xeotermica é a enerxía que se atopa no interior da terra en forma de calor, como resultado da desintegración dos elementos radioactivos e da calor permanente que se orixinou nos primeiros momentos de formación do planeta.

A enerxía xeotérmnica manifestase por medio de procesos xeolóxicos como volcáns, géyseres e fontes termais.

O vapor producido por líquidos quentes naturais en sistemas xeotérmicos é unha alternativa ao que se obten en plantas de enerxia que queiman materia fósil, utilizan a fisión nuclear, ou otros medios.

As perforacións mais modernas nos sistemas xeotérmicos alcanzan reservas de auga e vapor, quentados por magma moito máis profundo, que se atopa ata os 3.000 metros baixo o nivel do mar. O vapor purificase na boca do pozo antes de ser transportado en tubos grandes e aislados cara as turbinas.

Vantaxes e Inconvenientes[editar | editar a fonte]

Vantaxes[editar | editar a fonte]

  • É unha fonte de enerxía que evitaria a dependencia da enerxia do exterior
  • Os residuos que produce son mínimos, tendo un baixo impacto ambiental a diferenza de outros tipos de enexía.
  • O fluxo de produción de enerxia é constante ao longo do ano.
  • Non depende das variacions estacionais como a chuvia, os caudais dos ríos, etc. É o complemento ideal para as plantas hidroeléctricas.

Inconvenientes[editar | editar a fonte]

  • Emite ácido sufhídrico, que é detectado polo cheiro a ovos podres, pero que en grandes cantidades non se percibe e é letal.
  • Emite CO2, co que aumenta o efecto invernadoiro.
  • Contamina as augas próximas con substancias como arsénico, amoniaco, etc.
  • Produce contaminación térmica.
  • Non se pode transportar

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Enerxía xeotérmica