Lingua coreana
| Coreano (한국어, 조선말) | ||
|---|---|---|
| Pronuncia: | Hangugeo, Chosŏnmal | |
| Outros nomes: | 국어(國語) gugeo. Coloquialmente tamén 우리말 urimal | |
| Falado en: | Corea do Norte, Corea do Sur, China e comunidades de inmigrantes coreanos en diversos países | |
| Total de falantes: | Cerca de 78 millóns | |
| Posición: | 13 | |
| Familia: | Illada ou talvez Altaica (controverso) Coreano |
|
| Escrita: | hangul, hanja | |
| Estatuto oficial | ||
| Lingua oficial de: | Corea do Norte e Corea do Sur. Rexional: China. | |
| Regulado por: | En Corea do Sur, o Instituto Nacional da Lingua Coreana (국립국어원/國立國語院) | |
| Códigos de lingua | ||
| ISO 639-1: | ko | |
| ISO 639-2: | kor | |
| ISO 639-3: | kor | |
| SIL: | KKN | |
A lingua coreana fálase principalmente na Corea, sendo o idioma oficial da Corea do Norte e da Corea do Sur. Ademais de nas dúas Coreas, o coreano tamén se utiliza na rexión autónoma de Yanbian (연변/延邊) situada ao sur da provincia de Heilongjiang en China. Estímase que existen arredor duns 80 millóns de persoas que falan coreano no mundo.
O sistema de escrita coreano chámase de hangul, que é un alfabeto fonético e o hanja, constituído por caracteres sino-coreanos.
O alfabeto coreano constitúese de palabras silabarias. O hangul é un alfabeto inventado na dinastía do Rei Sejong no 1214, que encomendou o alfabeto a universitarios, pois ata entón na Corea só se usaba o hanja (caracteres chineses). Este alfabeto rexeitouse nun comezo ao achar máis sofisticado usar os caracteres chineses e só se popularizou no comezo do século XX, coa chegada da educación en masa na Corea. O hangul ao contrario dos kanas xaponeses (hiragana e katakana) componse verdadeiramente de consoantes e vogais, formando un alfabeto de feito.
Clasificación lingüística [editar]
Non hai un consenso entre os lingüistas sobre a clasificación da lingua coreana, e por iso é frecuentemente clasificado como lingua illada. Entrementres, hai certos indicios dun parentesco distante coas linguas altaicas. Presenta unha similariedade coa lingua xaponesa, con numerosas semellanzas gramaticais e fenómenos como a harmonía vocálica. Comparte tamén partículas idénticas (ga, ka, e), formación gramatical igual: Suxeito-Obxecto-Verbo. O hangugo (lingua coreana) compónse de máis diversidade sonora que o nihongo (lingua xaponesa). A pesar de ter numerosos empréstimos do chinés (máis dun 50% do vocabulario), é un consenso entre todos os lingüistas que o chinés e o coreano non teñen parentesco lingüístico.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Introdución á lingua coreana na web Linguas do mundo e tipoloxía lingüística, da Universidade de Vigo.