Omán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
سلطانة عمان
Saltānat 'Umān
Sultanato de Omán
Bandeira de Omán Escudo de Omán
Bandeira Escudo
Lema: Non ten
Himno nacional: Nashid as-Salaam as-Sultani
 
Oman (better) (orthographic projection).svg
 
Capital
 • Poboación
Mascate
646.027 (2005 est.)
Cidade máis poboada Mascate
Lingua oficial
Árabe
Forma de goberno Monarquía absoluta islámica
Qaboos ibn Sa’id Al ‘Bu Sa’id
Independencia
 • Ano
Expulsión dos otomanos
1741
Superficie
 • Total
 • % auga
Fronteiras
Costas
Posto 82º
212.457 km²
0
1.374 km
2.092 km
Poboación
 • Total
 • Densidade
Posto 130º
3.001.583 (2005)
12.3 hab./km²
PIB (nominal)
 • Total
 • PIB per cápita

n/d
n/d
PIB (PPA)
 • Total (2005)
 • PIB per cápita
Posto 86º
US$ 39.559 mill.
US$ 16.300
IDH n/d
Moeda Rial omaní (OMR)
Xentilicio Omanés/omanesa - omaní
Fuso horario
 • en verán
UTC+4
UTC+4
Dominio de Internet .om
Prefixo telefónico +968
Prefixo radiofónico A4A-A4Z
Código ISO 512 / OMN / OM
Tódolos países do mundo

Omán é un país situado no extremo oriental da Península da Arabia. Está constituído por dous territorios descontinuos: o máis pequeno é a Península de Musandam e mailos territorios veciños, no Estreito de Ormuz, separados do resto de Omán polos Emiratos Árabes Unidos. O resto e meirande parte do país está á sureste da Arabia Saudí. A cidade de Madha forma un enclave no territorio dos Emiratos Árabes Unidos.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Xeografía de Omán.
Costa do Sur, Omán.

Limita ao norte co golfo de Omán (ao outro lado do cal se estenden as costas do Irán); a leste e sur co mar de Arabia; a oeste co Iemen, Arabia Saudí e cos Emiratos Árabes Unidos. A capital do Omán é Mascate.

Unha vasta chaira desértica de grava cobre a maior parte do centro de Omán, con cadeas montañosas ao longo do norte (montañas Al Hajar) e a costa sueste, onde tamén se atopan as principais cidades do país: a capital Muscat, Sohar e Sur no norte, e Salalah no sur. O clima de Omán é cálido e seco no interior e húmido ao longo da costa. Durante épocas pasadas Omán estaba cuberto polo océano, demostrado polo gran número de conchas fosilizadas que existen en zonas do deserto lonxe da liña de costa actual.

Rial paisaxe desértica.

A península de Musandam (enclave de Musandem), ten unha situación estratéxica no Estreito de Ormuz, está separada do resto de Omán polos Emiratos Árabes Unidos.[1] A serie de pequenos pobos coñecidos como Dibba son a porta de entrada á península de Musandam por terra e os pobos pesqueiros de Musandam por mar, teñen barcos dispoñibles para aluguer en Khasab para viaxes á península de Musandam por mar.

Outro enclave de Omán, en territorio dos Emiratos Árabes Unidos, coñecido como Madha, se atopa a medio camiño entre a península de Musandam e o corpo principal de Omán, forma parte da gobernación de Musandam, cubrindo aproximadamente 75 km2. O límite de Madha estableceuse en 1969, coa esquina nordeste de Madha a apenas 10 m. da estrada de Fujairah. Dentro do enclave de Madha atópase outro enclave dos UAE chamado Nahwa, que pertence ao emirato de Sharjah, situado a uns 8 km. ao longo dun camiño de terra ao oeste da cidade de Nova Madha, que consta dunhas corenta casas cunha clínica e central telefónica.[2]

O deserto central de Omán é unha fonte importante de meteoritos para a análise científica.[3]

Política[editar | editar a fonte]

Omán é considerado unha monarquía absoluta. O sultán Qaboos bin Said Al Said goberna o país dende 1970.

Economía[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Economía de Omán.

Demografía[editar | editar a fonte]

A maioría dos 3.001.583 omanies (datos de 2005) son árabes, pero existe unha minoría baluchi. Hai tamén no país un número importante de traballadores estranxeiros, arredor de 600.000, provenientes da India, de Irán e de Paquistán, principalmente.

O 50% da poboación vive en Mascate e mais en Batina.

Estrutura de idade[editar | editar a fonte]

0-14 anos: 42.7%(homes 744,265/mulleres 714,116) 15-64 anos: 54.5% (homes 1,079,511/mulleres 783,243) 65 anos e máis: 2.8% (homes 55,180/mulleres 41,770) (2010 est.)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Krogh, Jan S.. "Oman". http://geosite.jankrogh.com/oman.htm.
  2. "United Arab Emirates". http://geosite.jankrogh.com/nahwa.htm.
  3. 4th Swiss Geoscience Meeting, Bern 2006. Meteorite accumulation surfaces in Oman: Main results of. Omani-Swiss meteorite search campaigns, 2001–2006. by Beda Hofmann et al.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Omán