Ano Novo Chinés

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Celebración do Ano Novo Chinés no Canadá

O Ano Novo Chinés (chinés tradicional=农历新年, chinés simplicado=農曆新年, pinyin=nónglì xīnnián, máis coñecido en China, como a Festa da Primavera (春节, 春節, chūnjíe), é a máis importante das festividades tradicionais chinesas, basedo no calendario chinés, que é un lunisolar, o que fai que varíe a data segundo o calendario gregoriano entre o 21 de xaneiro e o 20 de febreiro.

Historia[editar | editar a fonte]

O Aninovo é o primeiro día do primeiro mes do calendario chinés, o primeiro de Lúa Nova que por convención determínao o Observatorio da Montaña Púrpura de Nankín, e a festa do Ano Novo finaliza o decimoquinto día, que recibe o nome de Festa das Lanternas. A orixe do Ano Novo Chinés pérdese no tempo e está mesturado con múltiples mitos e tradicións.

Celébrase no territorio habitado maioritariamente por chineses e naqueles outros nos que hai comunidades chinesas e influíu nas celebracións do ano novo de Corea, Mongolia, Nepal, Bután, Vietnam, e no do Xapón antes de 1873.

Dentro da China, os costumes e tradicións varían segundo a rexión pero en xeral nesta época mércanse agasallos, tamén é tradición limpar a casa para arredar o infortunio, decorar xanelas e portas con anacos de papel vermello e con lemas sobre a felicidade, a saúde e a lonxevidade. Na véspera do aninovo, equivalente á noitevella occidental, celébrase a cea con toda a familia, o que provoca o maior movemento de poboación do planeta ó se mover de poboación millóns de persoas para estar cos seus, tradicionalmente nesa noite cómese porco, pato, galiña e diversas larpeiradas doces, a familia rematará a festa con foguetes. Na mañá do aninovo os nenos deséxanlles a seus pais un bo e saudable aninovo, e reciben diñeiro en sobres de papel vermellos.

Anos recentes[editar | editar a fonte]

Animal Rama Data
Can 戌 Xū 6 de febreiro de 1994 29 de xaneiro de 2006 16 de febreiro de 2018
Porco 亥 Hai 14 de xaneiro de 1995 18 de febreiro de 2007 5 de febreiro de 2019
Rata 子 Zǐ 19 de febreiro de 1996 7 de febreiro de 2008 25 de xaneiro de 2020
Boi 丑 Chǒu 7 de febreiro de 1997 26 de xaneiro de 2009
Tigre 寅 Yín 28 de xaneiro de 1998 14 de febreiro de 2010
Coello 卯 Mǎo 16 de febreiro de 1999 3 de febreiro de 2011
Dragón 辰 Chén 5 de febreiro de 2000 23 de xaneiro de 2012
Serpente 巳 Sì 24 de xaneiro de 2001 10 de febreiro de 2013
Cabalo 午 Wǔ 12 de febreiro de 2002 31 de xaneiro de 2014
Ovella 未 Wèi 1 de febreiro de 2003 19 de febreiro de 2015
Mono 申 Shēn 22 de xaneiro de 2004 8 de febreiro de 2016
Galo 酉 Yǒu 9 de febreiro de 2005 28 de xaneiro de 2017