Neve

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Folerpa de neve
Valtavaara, Kuusamo, Norte de Finlandia

A neve é un fenómeno meteorolóxico consistente na precipitación de pequenos cristais de xeo. Estes meteoros adoptan formas xeométricas con características fractais e agrúpanse en folerpas. Xa que está composta por pequenas partículas ásperas é un material granular. Normalmente ten unha estrutura aberta e suave, excepto cando é comprimida pola presión externa.

A neve fórmase comunmente cando o vapor de auga experimenta unha alta deposición na atmosfera a unha temperatura menor de 0 °C (32 °F), e posteriormente cae sobre a terra. A neve tamén se pode fabricar usando os canóns de neve, que consisten en aparellos que crean granciños minúsculos de xeo similares a unha fina saraiba.

Galería de imaxes [editar]

Vexa o artigo principal en Galería de imaxes sobre a neve en Galicia