Xenxibre

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Xenxibre
Koeh-146.jpg
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Liliopsida
Orde: Zingiberales
Familia: Zingiberaceae
Xénero: 'Zingiber'
Especie: ''Z. officinale''
Nome binomial
Zingiber officinale
Rosc., 1807

O xenxibre (Zingiber officinale, "kión" no Perú) é unha planta da familia das zingiberáceas, cuxa raíz está formada por rizomas horizontais moi apreciados polo seu aroma e sabor picante. A planta chega a 90 cm. de altura, con longas follas de 20 cm.

Crece en todas as rexións tropicais do mundo. As variedades máis caras e de maior calidade xeralmente proceden de Australia, India e Xamaica, mentres que as máis comercializadas cultívanse en China.

O seu nome vén do sánscrito "sinabera" que significa "formado como un corno".

[editar] Usos culinarios

Os rizomas utilízanse na maioría das cociñas do mundo, os tenros son zumentos e carnosos cun suave sabor. Adóitanse conservar en vinagre como aperitivo ou simplemente engádense como ingrediente de moitos pratos. As raíces maduras son fibrosas e secas. O mollo dos rizomas vellos é extremadamente picante e a miúdo utilízase como especia na cociña chinesa para disimular outros aromas e sabores máis fortes, como o marisco e a carne de cordeiro.

Na cociña occidental, o xenxibre, seco ou en po restrínxese tradicionalmente a alimentos doces, utilízase para elaborar caramelos, pan de xenxibre, para saborizar galletas e como saborizante principal da gasosa de xenxibre ou "ginger ale", bebida doce, carbonatada e sen alcol.

[editar] Usos terapéuticos

En investigacións médicas demostrouse que a raíz de xenxibre é un efectivo tratamento contra as nauseas causadas polos mareos en medios de transporte, así como as padecidas polas mulleres embarazadas. Utilízase tamén como estimulante gastro-intestinal, tónico e expectorante, entre outros. Contén moitos antioxidantes. Externamente serve para tratar traumatismos e reumatismos.

[editar] Especies similares

Os bróte da especie Zingiber mioga Roscoe consómense na cociña xaponesa.

Outra das especies da Zingiberáceas, a alpinia galanga, utilízase de forma similar ao xenxibre na cociña tailandesa.

A especie oriúnda do leste de Estados Unidos, Asarum canadense, da familia das Aristolochiaceae, coñecida como xenxibre silvestre aínda que non está emparentada co verdadeiro xenxibre,ten propiedades aromáticas parecidas, con todo, non se debe utilizar como substituto do xenxibre xa que contén acedo aristolóchico, un axente cancerígeno. Esta planta é un diurético e estimulante urinario.

Ferramentas persoais