Erosión
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa ciencia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa ciencia que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
Denominase erosión ao transporte de partículas sedimentarias por correntes superficiais de auga, vento e procesos gravitatorios. As partículas inclúen:
- Fragmentos de rochas creados por abrasión mecánica pola acción do vento, augas superficiais, glaciares e expansión-contracción térmica por variacións estacionais ou diurnas.
- Solos, os cales son creados pola descomposición química das rochas mediante a acción combinada de ácidos débiles disoltos en auga superficial e meteórica, hidrólise, ácidos orgánicos, bacterias, acción de plantas, etc.
A pesar de que a erosión é un proceso natural, esta pode ser acelerada fortemente por actividades humanas tales como a deforestación, a construción de camiños e a urbanización.
Un problema particularmente serio é a erosión costeira propiciada pola construcións en praias, que perturban o fluxo de sedimentos nelas.
Os tipos de erosión son: Xelivación, Interperismo, Erosión fluvial, Erosión glaciar, Erosión subterránea, Erosión mariña, Erosión eólica, e Erosión antrópica.