O soño da cámara vermella

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Unha escea da novela pintada polo artista da dinastía Qing, Sun Wen (1818-1904).

O soño da cámara vermella (chinés tradicional: 紅樓夢, chinés simplificado: 红楼梦, pinyin: Hóng Lóu Mèng, Wade Giles: Hung Lou Meng), escrita por Cao Xueqin (曹雪芹), é unha das Catro Grandes Novelas Clásicas da China. Foi escrita a mediados do século XVIII durante a dinastía Quing. É unha obra-prima da literatura chinesa e é recoñecida xeralmente coma o cumio das novelas clásicas chinesas.

Características[editar | editar a fonte]

O título da novela pódese traducir alternativamente coma O soño da cámara vermella ou Un soño de mansións vermellas, e ás veces denomínase con outro nome, A historia da pedra (chinés tradicional: 石頭記, chinés simplificado: 石头记, pinyin: Shítóu jì, literalmente "A gravación da pedra"). Só os oitenta primeiros capítulos foron escritos por Cao Xueqin. Outros autores crearon máis de cen finais alternativos, adoito engadindo cuarenta capítulos adicionais para completar a novela.

Créese que a novela é semi-autobiográfica, reflectindo os designios da familia do autor. Como o autor detalla no primeiro capítulo, pretende ser unha homenaxe ás mulleres que coñeceu na súa xuventude: amigas, parentes e servintes. A novela é reseñable non só polo enorme elenco de personaxes (a maioría femininos) e o ámbito sicolóxico, senón tamén pola súa precisa e detalla observación da vida e das estruturas sociais típicas da aristocracia chinesa do século XVIII. [1]

Por causa da censura literaria prevalecente na China das dinastias Ming e Quing, o libro publicouse primeiro anonimamente e só despois se lle atribuiu a Cao Xueqin a súa autoría.

Historia[editar | editar a fonte]

O tema principal xira en torno a un triángulo amoroso entre a personaxe principal, Jia Baoyu, que ama ao seu curmán enfermo Lin Daiyu, porén está predestinada a se casar con outro curmán, Xue Baochai. Este triángulo amoroso ten como pano de fondo o declive do clan Jia, cuxos antepasados foron feitos duques, e no inicio da novela, este clan está entre as máis ilustres familias na capital.

Linguaxe[editar | editar a fonte]

A novela está escrita en chinés vernacular máis do que en chinés clásico e axudou a establecer a lexitimidade do idioma vernacular. O seu autor, Cao Xueqin, tamén estaba versado en poesía chinesa e chinés clásico, e escribiu tratados no estilo erudito semi-wenyan. As conversacións da novela están escritas no dialecto de Beijing do mandarín, que se converteu na base do chinés falado moderno, con influencias do mandarín da zona de Nanjing (onde vivía a súa familia a principios do século XVIII).

Notas[editar | editar a fonte]