Taiyuan

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaTaiyuan
Fotomontaxe
Imaxe

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 37°52′24″N 112°32′33″L / 37.87326, 112.54245Coordenadas: 37°52′24″N 112°32′33″L / 37.87326, 112.54245
EstadoRepública Popular da China
Provincias da República Popular da ChinaShanxi (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Capital de
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación5.304.061 (2020) Editar o valor em Wikidata (767,7 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Shanxi (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Superficie6.909,01 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude800 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Yangquan (pt) Traducir
Lüliang (pt) Traducir
Jinzhong (pt) Traducir
Xinzhou (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos históricos
Evento clave
11 de setembro de 615Siege of Yen-Men Fortress (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Organización política
Órgano lexislativoQ106071310 Traducir , Editar o valor em Wikidata
Membro de
Identificador descritivo
Código postal030000 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico351 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con
Himeji
Newcastle upon Tyne (1985–2022)
Syktyvkar (pt) Traducir (1994–)
Launceston (pt) Traducir (1995–)
Douala (1999–)
Chemnitz (1999–)
Liexa (2002–) Editar o valor em Wikidata

Sitio webtaiyuan.gov.cn Editar o valor em Wikidata

Taiyuan (en chinés, 太原) é unha cidade da China, capital da provincia de Shanxi. Contaba con 2 727 646 habitantes en 2005 (3 400 000 contando coa área metropolitana).

Historia[editar | editar a fonte]

Jinyang[editar | editar a fonte]

A fundación data do 497 a.C., cando o final do período das Primaveras e Outonos da dinastía Zhou ía dar paso ao dos Reinos combatentes. Precisamente coma praza forte do futuro reino de Zhao foi fundada co nome de Jinyang polo líder desa familia aristocrática, Zhao Jian Zi, e a guerra que deu nacemento ao seu estado tivo lugar coa cidade coma protagonista dun famoso asedio no que foi asolagada (Batalla de Jinyang, 455 a.C.). Despois e ata o 386 a.C. foi a primeira capital de Zhao.

Jinyang era unha cidade rectangular fortificada situada no límite suroeste da metrópole actual[1]. Xa na época imperial e coa reorganización administrativa do país, durante as dinastías Qin e Han foi o centro do condado ou comandancia de Taiyuan e despois capital da provincia de Bing (Bingzhou) e tamén foi coñecida por eses nomes. No ano 307, durante o dominio da dinastía Jin Occidental experimentou a primeira grande expansión (14 km de perímetro[1]).

O seu ascenso no século VI tivo lugar durante o período das Dinastías Meridionais e Setentrionais. En concreto cos Wei Orientais en 545 constrúese un primeiro pazo e xa cos Qi Setentrionais en 567 unha cidade enteira palaciana (Daming). O cénit chegou no tempo das dinastías Sui (novas expansións ou "cidades dentro da cidade" en 589 e 596) e Tang (séculos VII ao X, coa grande expansión occidental[1]) sempre mantendo o status de capital secundaria e unha das cidades máis importantes do imperio (tras Changan e Luoyang). Foi entón cando todas esas ampliacións, novas cidades e recintos palacianos a engrandeceron política e culturalmente. Asemade foi un foco budista e creáronse grandes imaxes de Buda e templos esculpidos na rocha ao suroeste da cidade.

De feito unha cidade tripla[2], seica cunha desviación do curso do río Fen polo medio, a occidental (palaciana) contiña á súa vez outras tres fortificadas de seu (Daming, Xin ou Nova e Cangcheng). O enteiro complexo foi unificado no tempo dos Tang nun único organismo urbano coa construción de pontes entre as cidades occidental e oriental a través da central de ribeira[3][4].

Destrución e nova cidade[editar | editar a fonte]

No ano 979 o emperador Taizong, segundo da dinastía Song, mandou queimar e asolagar de novo Jinyang (por entón capital das dinastías de pobos turcos que ocuparon brevemente o poder na caída dos Tang) prohibindo a ocupación futura do seu soar. Unha primeira cidade provisional dez quilómetros ao leste serviu para aloxar a poboación (Song Jianpin Jincheng[1]).

A nova cidade, Songcheng foi erixida en 982 na ourela oriental augas arriba do río Fen, no sitio da urbe actual[1]. De dimensións modestas comparada con Jinyang tamén a súa importancia declinou[5]. Volveu ser capital de prefectura en 1059 e de comandancia en 1107. Construíuse ademais un complexo de templos (Jin Ci) nas aforas. O Templo Fang ou das Deusas, o máis antigo conservado, é de 1023 e foi reconstruído en 1102[6].

Dende 1125 as frecuentes guerras e a ocupación mongol da dinastía Yuan supuxeron unha época de destrucións e estancamento cando cambiou varias veces de nome e status.

Taiyuan Ming[editar | editar a fonte]

As Pagodas Xemelgas (s.XVII)
Porta da muralla Ming de 1568.

En 1383, trala chegada da dinastía Ming (e por decisión dun fillo do primeiro emperador), a cidade experimentou unha grande expansión ao nordeste que cuadriplicou a súa superficie[1]. Retomouse o antigo nome de Taiyuan e adquiriu de novo unha importante relevancia coma capital da provincia de Shanxi (soamente tras Pequín no norte do río Yangtzé) cunha forte artesanía e industria da fabricación de armas. Erixíronse un gran pazo Ming, o mosteiro budista Chongshan e o icónico templo das Pagodas Xemelgas (1608, ao sueste, no exterior da muralla).

Arrodeada dunha muralla cuadrangular de 12 km de perímetro e 12 metros de altura con oito portas monumentais que foi reconstruída en 1568[7], a súa estrutura non cambiou ata a segunda metade do século XX, cando se derrubaron as murallas, manténdose durante a época Qing (1644-1911) coma unha importante cidade comercial do norte da China[8]. Así mesmo no século XIX tivo un incipiente desenvolvemento industrial apoiado nos inxentes xacementos de minerais da rexión, e foi incluso un centro financeiro do país.

Século XX[editar | editar a fonte]

Precisamente pouco antes do establecemento da república a crise da banca local en Shanxi levou a serios problemas económicos á cidade compensados pola súa conexión ferroviaria co eixo troncal Pequín-Wuhan (1907[9][10]). En 1911 cambiou o nome por Yangqu, e baixo o control dun "señor da guerra" ata a época da segunda guerra mundial experimentou un extensivo desenvolvemento industrial, continuado baixo a ocupación xaponesa (1937).

A industrialización incrementouse notablemente trala instauración da República Popular conformando Taiyuan (que recuperou o nome en 1947) coma un dos centros da industria pesada chinesa do carbón e do aceiro. Por este motivo pasou de ter 210 000 habitantes en 1949, aínda que maioritariamente concentrados no recinto histórico[11], a converterse nunha verdadeira metrópole (con 1 140 000h en 1980 e máis de 4 millóns na actualidade[cando?]) que se estende en ámbalas dúas ourelas do Fen comunicadas a través de varias pontes[12][13][14].

Cidades irmás[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Documento sobre o sito arqueolóxico de Jinyang
  2. "Planta esquemática da cidade tripla de Jinyang". Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2015. Consultado o 20 de outubro de 2015. 
  3. "Planta esquemática de Jinyang coa máxima extensión de murallas na época Tang". Arquivado dende o orixinal o 29 de abril de 2014. Consultado o 20 de outubro de 2015. 
  4. "Recreación de Jinyang". Arquivado dende o orixinal o 30 de abril de 2014. Consultado o 20 de outubro de 2015. 
  5. "Planta esquemática da nova Taiyuan Song". Arquivado dende o orixinal o 04 de xuño de 2013. Consultado o 20 de outubro de 2015. 
  6. "Planta de Songcheng Taiyuan capital de comandancia". Arquivado dende o orixinal o 16 de marzo de 2013. Consultado o 20 de outubro de 2015. 
  7. "Planta da Taiyuan Ming nunha representación da época". Arquivado dende o orixinal o 04 de xuño de 2013. Consultado o 20 de outubro de 2015. 
  8. "Planta da trama urbana de Taiyuan dentro de murallas; época Qing". Arquivado dende o orixinal o 29 de abril de 2014. Consultado o 20 de outubro de 2015. 
  9. "Plano da cidade en 1907". Archived from the original on 05 de xullo de 2013. Consultado o 20 de outubro de 2015. 
  10. "Vista aérea da cidade na primeira metade do século, aínda fundamentalmente dentro de murallas". Consultado o 20 de outubro de 2015. 
  11. "Mapa de Taiyuan en 1948 co recinto amurallado (demolido décadas despois para facilitalo tránsito) arrodeado de liñas de ferrocarril". Consultado o 20 de outubro de 2015. 
  12. "Mapa esquemático de Taiyuan en 1966 coas primeiras extensións fora do recinto histórico e na outra beira do río Fen a través dunha primeira ponte". Archived from the original on 15 de xullo de 2012. Consultado o 20 de outubro de 2015. 
  13. "Plano do centro de Taiyuan coas pontes sobor do Fen, as tres superiores enmarcan o recinto histórico xa sen murallas". Arquivado dende o orixinal o 18 de agosto de 2015. Consultado o 20 de outubro de 2015. 
  14. "Mapa da metrópole contemporánea". Archived from the original on 01 de setembro de 2011. Consultado o 20 de outubro de 2015.