I Ching

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Yin yang.svg
Escrituras Sagradas
taoístas
Canon taoísta
O Libro do Camiño e da súa Virtude
Libro do Mestre Lie
Mestre Zhuang
Libro das Mutacións

O I Ching, Yijing ou I King (en chinés tradicional: 易經; en chinés simplificado: 易经; en pinyin: yì jīng) é un libro oracular chinés cuxos primeiros textos suponse escritos cara ao 2400 adC. É un dos Cinco Clásicos confucianos.

O termo i ching significa Libro das Mutacións. O texto foi aumentado durante a dinastía Chou e posteriormente por comentaristas da escola de Confucio. Crese que describe a situación presente de quen o consulta e predicir o modo en que se resolverá no futuro se se adopta ante ela a posición correcta. É un libro adivinatorio e tamén un libro moral, á vez que pola súa estrutura e simboloxía é un libro filosófico e cosmogónico.