Escarlatina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A escarlatina é unha doenza infecciosa causada polo estreptococo beta hemolítico do grupo A (Streptococcus pyogenes), que atinxe principalmente ás crianzas, na súa maioría meniños, sendo a bacteria sensíbel á penicilina, entre outros antibióticos. A escarlatina é case sempre unha complicación da amigdalite/farinxite estreptocócica, aparecendo cerca de 2 días logo do inicio dos síntomas desta.

As persoas infectadas polo axente, na maioría das veces, teñen febre e dores na gorxa (odinofaxia), o que dificulta a inxestión de alimentos. A pel sofre alteracións visíbeis, como escamación e arroibamento.

Caracterízase por eritemas (arroibamento cutáneo) que se espallan a partir dun punto no corpo, deixando as palmas das mans e dos pés e a rexión darredor da boca inalteradas. A lingua, inicialmente, é amarela debido à inflamación, mais despois escama e se torna vermello viva, con aparencia dun amorodo. Nalgúns casos, a lingua fica con bóchegas pequenas.

A súa transmisión acontece a través da saliva, por vía nasal, tose, espirros e respiración ou aínda a través do contacto con vestiario e obxectos contaminados.

O tratamento faise a través da administración de antibióticos, constituíndo a penicilina, aínda hoxe, o fármaco de primeira liña, dada a ausencia de resistencia documentada.

Non sendo debidamente tratada, poderán ocorrer hemorraxias no estómago, no bazo e no intestino. Alén da posibilidade de ocorreren convulsións, inflamación nos riles, infección nos tímpanos, dores fortes nas articulacións e problemas cardiovasculares.

Non se debe ter máis de 3 veces consecutivas (de ano a ano ou en períodos pequenos).