Loita

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Loita libre olímpica

A loita é unha disciplina deportiva e un deporte de combate existente dende hai milenios. Existe un enorme número de variedades. Dúas delas, ao seren disciplinas olímpicas, contan cunha especial difusión internacional: son a loita libre ou loita libre olímpica e a loita grecorromana. Ademais, a variedade de loita libre é practicada por homes e por mulleres, polo cal ao deporte feminino se lle coñece ás veces co nome independente de loita feminina.

A loita é un deporte onde cada participante intenta vencer ao seu rival sen o uso de golpes. O obxectivo consiste en gañar o combate facendo caer ao adversario ao chan e mantendo os dous ombros fixos sobre o tapiz ou gañando a puntos. Existen porén regras particulares segundo os distintos estilos.

A loita libre de carácter profesional máis retransmitida internacionalmente é a americana, transmítese polo progama SmackDown!.

Loita na antiga Grecia[editar | editar a fonte]

Na Grecia antiga, a loita tiña un lugar principal nas lendas e na literatura. Segundo determinados mitos, as leis deste deporte fóranlles entregadas aos homes pola deusa Atenea, a través do heroe Teseo. Noutras lendas, afírmase que a loita fora inventada por Heracles, por Hermes, pola súa filla Palestra, etc. Velaquí a razón pola que non é estraño que a loita fose deporte fundamental non só nos xogos olímpicos antigos, senón en todos os xogos realizados ao longo e largo da Antiga Grecia. Homero (século VIII a.C.) relátanos no canto XXIII da Ilíada o combate entre Áiax Telamonio e Ulises, e tamén fai referencia a ela no canto VII da Odisea. Outros autores que falan da loita son Platón, Pausanias, Filostrato, Plutarco, Heliodoro, etc. Tamén na pintura e escultura aparece reflectida en moitos frescos e decoracións de cerámica e baixorrelevos deixan ver momentos de combates.

Galería[editar | editar a fonte]

A loita no mundo[editar | editar a fonte]

A loita na arte[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Loita