Shenyang
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa xeografía que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
Shenyang é unha cidade chinesa, capital da provincia de Liaoning en Manchuria. Ata 1950 coñecida coma Mukden, é o maior e máis importante centro urbano do norleste da República Popular China, destacado núcleo industrial do país (3.372.216 h, censo 2000; máis de seis millóns na aglomeración).
Situada no extremo nororiental da conca baixa do río Liao, sempre foi lugar de fronteira, fronte aos pobos nómades do norte primeiro (dende o século X), os mongois despois, entre o imperio ruso e o xaponés no cambio do XIX ao XX; polo que as múltiples influencias de todas estas culturas reflectíronse na forma e vida da cidade.