8 de marzo
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Feb - Marzo - Abr | ||||||
| 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 |
| 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 |
| 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 |
| 22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 |
| 29 | 30 | 31 | ||||
| Os 366 días do ano | ||||||
O 8 de marzo é o 67º día do ano do Calendario Gregoriano e o 68º nos anos bisestos. Quedan 298 días para finalizar o año.
7 de marzo < 8 de marzo < 9 de marzo
Índice |
[editar] Acontecementos
- 1909: Celébrase por primeira vez o día da muller traballadora nos EUA.
- 1910: Difúndese en Europa a celebración do día da muller traballadora polo labor dos partidos socialdemocrátas e socialistas europeos, destacando o traballo da alemá Clara Zetkin.
- 1921: O Primeiro Ministro de España, Eduardo Dato, é asasinado ó saír do Parlamento en Madrid.
- 1957: Exipto reabre o Canal de Suez.
- 1965: As primeiras tropas americanas chegan a Vietnam para a Guerra do Vietnam.
- 1999: O xuíz Garzón dita auto de prisión provisional para o xefe do equipo de investigación do diario "Egin" Pepe Rei, polo suposto delito de colaboración con ETA.
- 2003: Nace a Galipedia, a versión en galego da Wikipedia. O primeiro usuario rexistrado foi ILVI e o primeiro artigo editado, Ou.
- 2004: O corresponsal Ricardo Ortega, enviado especial de Antena 3 a Haití, morre nun tiroteo.
[editar] Nacementos
- 1714: Carl Philipp Emmanuel Bach, músico e compositor alemán (m. 1788
- 1835: Juan Antonio Saco y Arce, sacerdote, gramático e escritor galego (m. 1881).
- 1857: Ruggiero Leoncavallo, compositor italiano (m. 1919)
- 1859: Kenneth Grahame, escritor británico (m. 1932)
- 1879: Otto Hahn, químico alemán que gañou o Premio Nobel de Química en 1944 (m. 1968)
- 1904: Victor de Kowa, actor alemán (m. 1973)
- 1915: Tapio Rautavaara, atleta finlandés, cantante e actor de cine. (m. 1979)
- 1921: Cyd Charisse, bailarina e actriz estadounidense. (m. 2008)
- 1922: Heinar Kipphardt, escritor alemán. (m. 1982)
- 1923: Walter Jens, filólogo e escritor alemán
- 1943: Lynn Redgrave, actriz británica. (m. 2010)
- 1945: Micky Dolenz, actor, músico e director de televisión e teatro
- 1945: Anselm Kiefer, pintor e escultor alemán.
- 1947: Carole Bayer Sager, cantante e compositora estadounidense
- 1948: Gary Numan, cantante e compositor británico
- 1959: Aidan Quinn, actor estadounidense
[editar] Mortes
- 1874: Millard Fillmore
- 1917
- Eduardo Pondal, poeta galego.
- Ferdinand Von Zeppelin, inventor do dirixible.
- 1930: William Howard Taft
- 1941: Sherwood Anderson
- 1942: José Raúl Capablanca, xadrecista cubano, (n. 1888.)
- 1950: Álvaro das Casas, escritor e dramaturgo (n. 1901).
- 1971: Harold Lloyd, actor estadounidense.
- 1973: Ron Pigpen McKernan
- 1975: George Stevens
- 1983: William Walton
- 1992: Red Callender
- 1993: Billy Eckstine
- 1998: Ray Nitschke
- 1999: Joe DiMaggio, xogador de béisbol estadounidense.
- 2003: Adam Faith
[editar] Festas e celebracións
- Día da Muller Traballadora, ou Día Internacional da Muller.
- A elección do día obedece á data na que, no ano, 1857, foron asasinadas 146 obreiras dunha fábrica téxtil de Nova York, a Triangle Shirt Waist Company, nun intento de seren desaloxadas pola policía mediante o uso de bombas incendiarias, tras declararse en folga e ocupa-la fábrica para denuncia-las pésimas condicións de traballo e de seguridade. O Día Nacional da Muller comezou a celebrarse en 1909, o último domingo de febreiro, en Estados Unidos. O ano seguinte, a Internacional Socialista proclamou o Día da Muller con carácter internacional, como homenaxe ó movemento en favor dos dereitos da muller e para axudar a conseguir o sufraxio feminino universal. En 1911 celébrase, en Europa, o 19 de marzo; en 1914, xa o 8 de marzo.
[editar] Outros
- Santoral: Santos: Xoán de Deus, confesor e Patrón dos bombeiros e practicantes; Quintilo, Cirilo, bispos; Xulián, Félix, Filemón, Apolonio, Teótico, Urbano, Rogato, Silvano, mártires; Veremundo, abade; Poncio, diácono; Liberio, Arnoldo, confesores; Antonino, eremita.
Ver tamén: xaneiro, febreiro, marzo, abril, maio, xuño, xullo, agosto, setembro, outubro, novembro, decembro