Changchun
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Chagchun é unha cidade de China, a capital e maior centro da provincia de Jilin en Manchuria, ao nordeste do país. Á beira do río Yitong. A municipalidade, de 20.571Km2 ten unha poboación de 7.120,000 habitantes, dos que 2.780.000 pertencen a cidade propiamente dita.
A súa historia é recente. Foi en 1791 cando comezou a colonización polos chineses das terras manchús na área da actual cidade. A súa expansión foi rápida coma nó ferroviario. De 1932 a 1945 foi capital de Manchukuo, o estado títere do Imperio Xaponés. Trala Segunda Guerra Mundial converteuse nun importante centro da fabricación de automóbiles e o máis importante da industria cinematográfica chinesa.