Movemento de Países Non Aliñados

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Estados membro do MPNA en 2006. Os países en azul claro son membros observadores.

O Movemento de Países Non Aliñados (NOAL ou MPNA) é unha agrupación de Estados que se formou durante o conflito xeopolítico/ideolóxico mundial da segunda metade do século XX, chamado Guerra Fría, que se manifestou co enfrontamento indirecto entre os EUA e a URSS. A finalidade do MPNA era conservar a súa posición neutral e non aliarse a ningunha das superpotencias xa nomeadas. Porén, aínda despois da caída do Muro de Berlín (1989) e disolución da URSS (1991) a organización continúa vixente.