Xogos Olímpicos de 1932
| Xogos da X Olimpíada | |
|---|---|
| Os Ánxeles 1932 | |
| Estados Participantes | 37 |
| Atletas | 1048 |
| Eventos | 116 en 14 deportes |
| Cerimonia de Apertura | 30 de xullo |
| Cerimonia de Clausura | 14 de agosto |
| Apertura oficial | Presidente Charles Curtis |
| Juramento do Atleta | George Calnan |
| Local | Coliseo d'Os Ánxeles |
Os Xogos Olímpicos de 1932 tiveron lugar nos Ánxeles (California) entre o 30 de xullo e o 14 de agosto, coa participación de 1.332 atletas (1.206 homes e 126 mulleres), representando 37 países, en 17 modalidades deportivas.
Índice |
Historia [editar]
Após case tres décadas en Europa, os Xogos Olímpicos atravesaron o océano Atlántico e América até a soleada California, a única rexión do país que sobrelevara economicamente a Gran Depresión tralo crack de 1929. Por causa da distancia, o número de participantes foi menor que os anteriores, mais os Xogos tiveron unha grande calidade técnica, coa quebra de 18 récords mundiais, e sendo introducido o limite máximo de tres competidores por país nas probas individuais, regra que perdura até os nosos días.
En Los Angeles foi construída a primeira vila olímpica verdadeira da historia, composta de setecentos chalés disposta nun área adxacente ó monumental estadio Memorial Colyseum, sede dos Xogos. Os organizadores tamén introduciron nestes Xogos os máis modernos servizos de cronometraxe e fotografía eletrónica da chegada da época, construíron a máis espectacular e veloz pista de atletismo do mundo, e crearon un proceso rápido e profesional de divulgación de resultados para a prensa, alén da transmisión simultánea de toda a competición por dúas emisoras de radio.
Todos os eventos foron desputados no prazo de dúas semanas sen interrupción, o que a partir deste momento guiaría o sistema de disputa dos Xogos Olímpicos.
Curiosidades [editar]
A texana Mildred “Babe” Didrikson, de 18 anos, conquistou dúas medallas de ouro e unha de prata no atletismo. Atleta polivalente de grande talento, após os Xogos “Babe” tornouse grande campioa de deportes diversos como golf, tenis e baloncesto, onde competiu case até os corenta anos de idade. Nos anos 50, foi eleita a maior atleta americana do medio século pola prensa deportiva especializada.
Nun feito único na historia olímpica, o campión dos 3.000 m obstáculos, o finlandés Volmari Iso-Hollo e os seus adversarios, foron obrigados a dar a maiores unha volta ó estadio para cruzar a liña de chegada, debido ó erro do fiscal que anunciaba a contaxe de voltas na pista. Foi a primeira e única vez nos Xogos que os 3.000 m obstáculos foron de 3.400 m. Catro anos despois, en Berlín, correndo a distancia normal, Hollo converteuse bicampión olímpico da proba.
Estes Xogos inauguraron a cerimonia de entrega de medallas como a coñecemos nos nosos días, cos atletas en pé nun podio e coas bandeiras dos seus países sendo izadas.
O nadador xaponés Kusuo Kitamura converteuse no atleta máis novo até hoxe en conquistar un ouro nunha proba individual de calquera deporte nos Xogos Olímpicos, ó vencer os 1.500 m libres con 14 anos de idade.
- A polaca Stanisława Walasiewicz, que vivindo nos Estados Unidos empregaba o nome de Stella Walsh, gañou para Polonia a medalla de ouro nos 100 m femininos do atletismo. Catro anos despois, en Berlín, conquistaría a prata na mesma proba. En 1980, canda a súa morte, unha biopsia mostrou que Stanislawa/Stella era, bioloxicamente, un home.
Modalidades disputadas [editar]
Cadro de medallas [editar]
| Cadro de Medallas | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| Posición | País | |
|
|
Total |
| 1 | 41 | 32 | 30 | 103 | |
| 2 | 12 | 12 | 12 | 36 | |
| 3 | 10 | 5 | 4 | 19 | |
| 4 | 9 | 5 | 9 | 23 | |
| 5 | 7 | 7 | 4 | 18 | |
| 6 | 6 | 4 | 5 | 15 | |
| 7 | 5 | 8 | 12 | 25 | |
| 8 | 4 | 7 | 5 | 16 | |
| 9 | 3 | 12 | 5 | 20 | |
| 10 | 3 | 1 | 1 | 5 | |
|
||||||||||||||||||