Río Amur

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

O Amur desde a orela occidental da cidade de Heihe
O Amur desde a orela occidental da cidade de Heihe

O Amur (Амур en ruso ; 黑龙江 ("río do dragón negro") en chinés, pronunciado Heilongjiang), ou Sahalyan ula en manchú "río negro", é un río de Asia que se estende ao longo de 4.444 km, a contar desde a fonte do río Argun, lonxitude que o converte no primeiro de Siberia — aínda que é máis curto que o sistema formado polo Obi e máis o seu afluente o Irtich — e o cuarto de Asia pola lonxitude do seu percurso; considérase que é o oitavo da Terra. A provincia de Heilongjiang pola que corre, toma o seu nome da denominación chinesa do Amur.

Índice

[editar] Xeografía

O río Amur, fai a linde natural entre Rusia e China
O río Amur, fai a linde natural entre Rusia e China

O río está formado pola unión do Chilka e do Argun. Na actualidade conforma a fronteira natural entre Rusia e China, sobre perto de 1.600 km, antes de recibir o río Songhua Jiang e o Ussuri, e entrar definitivamente en Rusia, onde desemboca no estreito de Tartaria, no mar de Okhotsk, fronte da illa de Saxalín.

[editar] Economía

No seu curso inferior, logo da confluencia do Chilka e o Argoun, é nevegábel en territorio ruso completamente, mais por causa dos xelos está pechado para a navegación durante uns seis meses.

O equipamento hidroeléctrico, que consta de 14 encoros de máis de 15 m de alto, permite a industrialización da rexión.

[editar] Hidroloxía

O Amur ten os máximos de caudal no verán, entre fins de xullo e comezos de agosto, por efecto do monzón, mentres a estiaxe é invernal. Na dseembocadura o caudal medio é de 11.000 m³ por segundo e a súa conca ocupa 1.850.000 km2.

[editar] Cidades

Ás beiras do Amur fican as seguintes cidades:

[editar] China

[editar] Rusia

Ferramentas persoais