Chengdu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Chengdu montage.png

Chengdu (chinés: 成都; Pinyin: Chéngdū) é unha cidade da China, capital da provincia de Sichuan, na bacía do mesmo nome pertencente ao curso medio do río Yangtzé, no centro do país.

[editar] Historia e caracteísticas

A beira dun dos seus afluentes, o río Min, que irriga a fértil chaira de Chengdu. A municipalidade, de 12.346 km2, ten unha poboación de 11.030.000 (2006), dos que 4.520.000 (1-1-2005) habitan a cidade propiamente.

De fundación tan antiga coma a dinastía Zhou (1027-256 aC), coa trama en parrilla ortogonal típica do urbanismo chinés primixenio, foi sempre a principal capital desa rexión inda que periférica respecto as capitais imperiais.

Prestixioso centro manufactureiro de telas, brocados e lacados, asemade cultural coma conservador das esencias da ópera chinesa, converteuse dende a Segunda Guerra Mundial nunha metrópole industrial e comercial.

[editar] Véxase tamén

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría:

[editar] Outros artigos

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas